Toponimia do Val do Fragoso

307 O E s p a z o h a b i t a d o O Buche é o terreo a monte por riba da casa construída no final do camiño da Regueiriña, no Pouso, e A do Buche o campo por debaixo do restaurante Soriano, na Mandada. Neste último caso O Buche era o alcume dun home da Fame, propietario do terreo. Bufas, As Parece tratarse dun alcume, que podería estar relacionado co mamí- fero mariño coñecido tamén como boto ou arroaz , ou co verbo bufar ‘expulsar aire polo nariz, polo fociño ou pola boca con forza e facendo ruído’ ou ‘botar bufos; peidos sen ruído’. Parece menos probable que teña que ver co bufo (ave nocturna máis grande que o moucho) ou co sapo, que se coñece no eido científico como Bufo bufo . As Bufas «Atópase por riba dos lagos do Muíño do Pouso. A conti- nuación viñan As Partillas e logo O Galleiro», explicación dada pola única informante coñecedora deste topónimo. Dicíanos ademais que nas Bufas había unha mina da que partía unha regueira profunda, onde nunha ocasión caeu un becerro que custou gran esforzo quitar. Ba- seándonos a estas indicacións, o rego podería ser, quizais, o que dende O Campo do Galleiro (onde se atopa o merendoiro do Pouso) baixa á Fonte das Partillas. No Libro de afanegados atopamos o topónimo en singular, como «coutada da bufa». Cabaleira, O Campo da Casa da Probablemente estamos ante un novo caso de flexión de xénero a partir do apelido do propietario: A Cabaleira por A de Cabaleiro. Ca- baleiro (<lat. caballarus ‘aquel que pode ir á guerra portando cabalo’) é apelido moi común na área tudense, aínda que boa parte dos porta- dores lévano na actualidade castelanizado na forma Caballero . A partir do século xi tivo moito uso en cadeas onomásticas por referencia á condición social do seu posesor. Aínda que tampouco se pode desbotar a hipótese de que sexa un alcume dun tratante de cabalos. Con todo, tamén podería ocorrer que cabaleira faga referencia á existencia no lugar, no momento en que se acuñou o topónimo, de pedras superpos- tas (pedras cabaleiras ou cabalarias), como acontece en moitos outros topónimos derivados de cabalo ou cabalar .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==