Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 306 adoito de fariña milla e sen fermento’ ou o de ‘torta de fariña, ovos, azu- cre, manteiga e outros ingredientes’, típica dalgunhas zonas de Ouren- se. Pero bica é tamén o ‘gancho de metal acabado en ángulo agudo, que se sostén por un fío ou tanza e no que se pon un engado para pescar’ ou o cano ou tubo longo e estreito por onde sae a auga das fontes, o viño do lagar etc. (Carré Alvarellos, L.: 1926-1931, en DdD , s.v.). En Bembrive e arredores, bica é tamén o nome que reciben os pequenos ratos caseiros presentes a miúdo en muíños e canastros. Descoñecemos cal das acep- cións puido orixinar o alcume que deu lugar aos seguintes topónimos. Lugar que se atopaba no que agora é a avenida de Madrid, ocupan- do a superficie que aproximadamente hoxe en día queda debaixo da pasarela peonil que cruza de Fionde cara á Pedra. O Bica , ou O Bicas , xa que recollemos as dúas denominacións, era o alcume do home que tiña aquí unha serra, A Serra do Bica, que ardeu hai uns corenta anos. As instalacións desapareceron completamente ao construír a avenida de Madrid. Cóntase que este Bica, que viñera de Padrón, tiña moi mala sorte cos seus negocios e o lume. Logo de arderlle esta serra montou outra en Portas, que tamén acabou ardendo, pero nesa ocasión no in- cendio morreron a muller mais el. Con este alcume ( O Bica ) atopamos un veciño de Bembrive (José Benito Seijo), aínda que natural de Tamei- ga (Mos).A subida que vai cara á Pedra, ao norte do lugar é A Costa do Bica. Desaparecida hoxe, A Fonte do Bica atopábase no lugar do Bica, aos pés da actual pasarela. En todos os casos emprégase o alcume tanto en singular como en plural, por exemplo: A do Bicas . Buche, O Posiblemente formado a partir do apelido catalán Buch , presente hoxe en día nos concellos da Coruña, con catorce persoas que o por- tan, e en Vigo, nove. Nesta cidade temos constancia da súa presenza cando menos no século xix , na persoa de Ramón Buch, un dos promo- tores do xornal La Oliva . En todo caso, buche é tamén a forma castelá de boche , termo de orixe incerta que se refire ao estómago dos animais ou á dilatación do esófago das aves, que forma unha especie de bolsa onde abrandan o alimento. Calquera destas acepcións puido dar lugar a un topónimo de xeito directo ou a través dun alcume, aínda que des- coñecemos con que motivación.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==