Toponimia do Val do Fragoso

305 O E s p a z o h a b i t a d o dade, sexa casa ou lugar, campo ou coutada ( A Casa das Cabaleiras , Os Campos dos Alonsos, A Coutada do Riobó ) ou elemento ao que se dá nome como presas ou costas ( A Presa do Ledo , A Costa da Peteta ), pero en moitos casos esa fórmula substantivo + preposición + nome persoal simplifícase, quedado reducido o topónimo á preposición mais o nome persoal ( A do Barbas ), ou mesmo ao nome, apelido ou apoio en solitario ( A Goa do Monte , Salvador ). Dividimos estes topónimos en dous grandes grupos. En primeiro lugar, os nomes de posesores que nomean terras de labor, coutadas, lagoas, fontes, camiños ou calquera outro referente no espazo e, a continuación, agrupamos os topónimos referentes ás casas ou lugares procedentes igualmente de nomes pro- pios ou alcuños. OS NOMES DAS TERRAS, FONTES E OUTROS Barato, A Coutada do Posiblemente alcume dun posesor, malia que descoñecemos a mo- tivación do seu uso. Podería facer referencia á barata , nome que recibe a cascuda en portugués, ou ao adxectivo barato /- a ‘de pouco prezo’; se cadra usaba moito barato cando falaba, ou era un falabarato ... Tamén podería ser que chamasen Barato a alguén apelidado Barata , presente nalgúns concellos de Lugo e Ourense, aínda que en Portugual é máis común. O adxectivo barato naceu unido á idea de ‘chanchullo’, como un derivado de baratar ‘negociar’, antigo verbo de orixe incerta, pro- bablemente prerromana ou acaso céltica, común a todos os romances hispánicos, gálicos e itálicos. No século xvii o verbo quedou anticuado pero seguiron vivos os seus derivados, como o propio barato ou o fe- minino barata , que ademais da acepción comercial ten a de ‘fraude’, ‘confusión, barullo’ (Corominas, 1980-1992, vol. I: 501). Hoxe en día cuberta de eucaliptos, é unha das coutadas de Recaré, situada por detrás do Lugar da Checa. Bica, A do Bica é un substantivo que ten diferentes significados. Quizais o máis coñecido é o de ‘pan baixo que se cocía á porta do forno ou na lareira,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==