Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 304 Xeme O topónimo Xeme procede moi probablemente do xenitivo dun nome persoal de orixe latina geminus ‘ xemelgo ’ ou gemius . No CODOL- GA ( Corpus Documentale Latinum Gallaeciae ) non se rexistra o uso de geminus como nome persoal, e só aparece un gemiellus que propiamen- te é un diminutivo de gemius . Noutros repertorios onomásticos figuran geminus e gemius como usuais en Hispania, así que o feito de que non se ateste ese nome persoal a partir do século VI obriga a pensar que a orixe do topónimo é romana. Na documentación medieval galega rexistrase outro topónimo idéntico, coa forma Geme , preto de Noia ( TMILGA ). Lugar da parroquia de Bembrive situado entre A Xesteira e Eifonso. No século xvi pertencía ao casal de Eifonso, pero na actualidade adói- tase adscribir ao barrio de Baruxáns. Polo sur o río de Eifonso sepárao de Beade. Xeme aparece xa no Catastro de Ensenada como lugar de habitación con sete vivendas. O Muíño de Xeme atopámolo no final da costa do camiño da Carballeira, que baixa da Rúa de Xeme ata o río do mesmo nome. Aínda que hai quen se refire a el como o cubo de Xeme, é este un muíño de canle, malia que, iso si, de canle cuberta. Unhas grandes lousas de pedra tapan o tramo final da canle feita no mesmo material, ata chegar á parede do muíño. Figura este muíño entre os relacionados no Catastro de Ensenada co nome de «Jeme o Lama», pertencente a «Sebastian de Balde, Fco Rodriguez, Martin de Pousada y más consortes». Subindo polo camiño da Carballeira, collemos a rúa de Xeme á man esquerda, en dirección ao Cacheno. Uns cincuenta metros máis adiante, pasando unha casa, temos á dereita un camiño entrando polo cal atoparemos A Presa de Xeme á man dereita. É relativamente longa, uns corenta metros, pero moi estreita. O Río de Xeme é o nome que toma o río de Eifonso ao pasar por este lugar. POSESORES MODERNOS Ao igual que antano, na actualidade continuamos utilizando o nome das persoas, os seus apelidos, ou, en maior medida, os alcumes ou apoios , para nomear o lugar que ocupan as súas casas ou as terras da súa propiedade e empregalos así como referencias para situarnos no territorio. No topónimo pode aparecer de xeito explícito a propie-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==