Toponimia do Val do Fragoso

303 O E s p a z o h a b i t a d o ou tamén apelido. Tira de terra por detrás da Santiaga, na man esquerda ao comezo do Camiño da Serra, no Outeiro. Xan Pinto, O Xan , hipocorístico de Xoán, é un nome de orixe hebrea que chegou a nós dende o latín I ohannes . O apelido Pinto ten orixe nun sobrenome formado co participio pictu do verbo latino pingo ‘pintar’. Na actualida- de atopamos as formas Pinto e Pintos, concentrada esta principalmente na provincia de Pontevedra. É, polo tanto, o nome dun antigo posesor das terras agora así coñecidas. O uso do plural, a despalatalización do x - e a unión dos dous ele- mentos leva a que a forma que se escoite máis a miúdo na fala sexa Os Sampintos . É o lugar onde está a última casa do camiño do Lago (Segade) á man dereita, a uns setenta metros da entrada, e os campos de millo que ato- pamos a seguir. Hai quen considera tamén parte do Xan Pinto as terras situadas enfronte, ao outro lado do camiño. Descoñecemos quen era e en que época viviu este Xan Pinto , pero o feito de non aparecer este topónimo, nin tampouco o nome, no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados lévanos a pensar que pode ser relativamente recente, cando menos posterior a 1846. Xan Ribeiro, O Cachafondo do Topónimo composto polo nome e apelido dun posesor. O apelido Ribeiro é un hidrotopónimo que procede do latín ripariu , derivado de ripa ‘beira’. Xan , como vimos de ver, é un hipocorístico de Xoán. Trátase dun cachafundo (–> A Auga) que se formaba no río de Eifonso no punto onde se desviaba a auga para a levada do Muíño da Cova. Entre este cachafundo e o muíño acabou formándose unha illa completamente cuberta de vexetación que, a pesar do seu tamaño e singularidade, pare- ce que non tiña un nome específico. O nome foi tomado do posesor do coñecido actualmente como o muíño da Cova pero que, lembremos, nas escrituras figura como «muíño de Xan Ribeiros».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==