Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 302 Os Urdimales Viola, O Camiño Aínda que a orixe deste topónimo é dubidosa, podería entenderse que vén do latín VIOLA (nome de flor), que pasou a ser usado como antroponímico. Ou tamén ter orixe no portugués viola, instrumento musical (por mor dalgún habitante das terras veciñas que así fose al- cumado). Chamábaselle así ao primeiro tramo do que agora oficialmente se coñece como Camiño de Sospalleiros pola presenza da Fonte da Viola . Nacemento de auga que había no San Cibrán, comezando a baixar polo camiño de Sospalleiros, á man dereita, nun valado. Era unha fonte intermitente, que rompía a manar coas chuvias, pero acababa por secar no verán. Aínda que a súa auga se empregaba para beber non era moi apreciada. Xacomiña, A Probablemente terra propiedade de Xácome ( A de Xácome = A Xa- comiña ). Xácome é nome persoal masculino, variante de Xacobe (a orixe remota deste nome estaría no nome do patriarca bíblico Xacob),

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==