Toponimia do Val do Fragoso

301 O E s p a z o h a b i t a d o Segade. Ten unha pía de pedra na parte final e unha máis nova, de ce- mento, no lateral que da á rúa. Urdimales, Os Non está clara a orixe deste topónimo. Podería entenderse que é un alcume de propietario que facía referencia á figura de Pedro de Urde- malas , personaxe da literatura picaresca con orixe nas lendas medie- vais españolas ao que Miguel de Cervantes dedicou unha das comedias de Ocho comedias y ocho entremeses nuevos nunca representados , colección dramática publicada ao redor de 1615. Un urdemalas , sería polo tanto unha persoa que as urde malas , ou que urde maldades , de urdir do latín ordire ‘maquinar, tramar; preparar en segredo’ mais ma- las, de malo (< lat. malu s) ‘que non é bo’. Na fala adoita realizarse como Os Surdimales ou Os Xurdimales , por aglutinación do - s do artigo inicial, no segundo caso palatalizado en x -. Na estrada de Bembrive en dirección Beade, pasado o Camiño das Cavadiñas (Subida á Cruz) comezan Os Urdimales á man dereita, es- tendéndose ata pouco antes de chegar ao núcleo de vivendas da Cova. Fronte ás Coutadas de Abaixo, que é o terreo de monte que pasamos antes de chegar a eles, nos Urdimales as curvas de nivel sepáranse un pouco máis, debuxando unha superficie algo máis chaira e máis favo- rable ao cultivo, aínda que na actualidade só permanece unha peque- na horta e algunhas viñas. O resto do terreo está gañado por árbores, arbustos e colonias de canas. No Libro de afanegados aparece como «Coba o Urdimalas».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==