Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 300 No Mosteiro é o terreo onde está a casa situada ao oeste do cemi- terio, ao outro lado do ramal do camiño da Garabulla que en lugar de seguir recto cara á Ferreira rodea o camposanto. Santiaga, A A Santiaga é ‘A de Santiago’, ao igual que A Fandiña era ‘A de Fan- diño’. Estamos ante outro exemplo de adxectivo formado a partir de nome persoal. Terreo do Outeiro, na esquina entre a rúa Cruz e o camiño da Serra, onde hai unha vivenda recentemente construída. Segade A pesar da semellanza, non ten relación o Segade que dá nome ao barrio de Bembrive e a outros dez lugares máis en Galicia, co topóni- mo Las Segadas de Oviedo ou Los Segados de Murcia, derivados de segar e este do latín secare ‘cortar’. No topónimo de Bembrive estamos ante o resultado do xenitivo dun nome persoal Sagatus , amplamente documentado con esta forma no latín medieval en Galicia. A partícula inicial Seg - é unha derivación do gótico sag - ‘compañeiro’, relacio- nado co latín socius (Piel e Kremer 1976: §233). Aínda que a forma orixinal era Sagatus , chama a atención que non só no caso de Bembri- ve, senón en todos os lugares de Galicia que comparten o topónimo, tivo lugar unha disimilación da vogal inicial para resultar nos Segade actuais. Barrio que ocupa o extremo suroccidental da parroquia, de grande extensión, pero dividido polo trazado da avenida de Madrid que en gran medida illou os lugares de Segade e O Lago do resto do barrio; da Parrocha, Recaré, O Areeiro, Reiriz ou A Mouteira. Dentro de Segade, a parte máis alta, ao redor do lavadoiro, é coñecida como Segade de Arriba ou, dentro do barrio, como O Lugar de Arriba . No ano 1752 o lugar de Segade contaba con sete núcleos familiares e dezasete eran xa as propiedades que levaban este nome, número que se duplicará un sé- culo despois, como vemos no Libro de afanegados . Un dos topónimos que alí aparece, «a plateira en segade», está desaparecido, parece ser, na actualidade. Situado no alto da Rúa de Segade , no punto de onde parte, cara a poñente, o camiño do Loureiro, temos O Lavadouro de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==