Toponimia do Val do Fragoso
299 O E s p a z o h a b i t a d o xorde por debaixo da autoestrada do Atlántico, discorre por debaixo do Pé da Cerdeira cara a Aguafría e separa esta do Rorigo, onde movía O Muíño do Rorigo . Este témolo a medio camiño, á man dereita entrando polo camiño do Monte Vello cara á estrada das Plantas. Agora xa non moe, pero mantense en pé, aínda que co tellado e parte das paredes re- vestidas de cemento. Ata a construción do local do que dispón na actua- lidade, foi empregado pola comunidade de augas de Xestoso. Pola parte de arriba do muíño había antigamente unhas pedras no rego que servían de lavadoiro, coñecido como O Lavadouro do Rorigo . Roupeiro, O De R auparius , nome persoal relativamente común na alta idade me- dia en territorio galego. De feito, temos outros topónimos O Roupeiro en Beade, en Matamá ou no Areal de Vigo. O Nomenclátor de Galicia recolle catro entidades de poboación chamadas O Roupeiro , nas pro- vincias de Ourense e Pontevedra. Son as terras que temos por debaixo de Regueiriños, ata estremar por poñente co Mañoso e A Raíña. Se baixamos dende o Carballal cara a Mourelle polo chamado Camiño do Cocho e tomamos o primeiro desvío á man dereita que rodea Regueiriños por poñente, O Roupeiro son o conxunto de leiras, algunhas delas cultivadas con millo, situadas por debaixo das casas que temos á man esquerda e os campos que se estenden cara ao norte. A pequena leira entre a última das casas e o camiño (que describe aquí unha curva de noventa graos) é O Roupei- ro Pequeno , por debaixo del está O Roupeiro Longo e do outro lado do camiño, cunha casa e piscinas, O Roupeiro Redondo , que testa ao leste co Campo do Medio. O topónimo aparece xa escrito con e sen artigo, no Catastro de Ensenada . Ao perderse no tempo o significado orixinario do topónimo, xurdiu na etimoloxía popular unha explicación alternativa baseada na súa coincidencia co derivado de roupa , de xeito que se explica que este topónimo provén do uso destes terreos como lugar onde a roupa se puña ao clareo. Salvador Nome persoal do latín S alvatore , un dos nomes de Cristo. Posible- mente, nome do propietario do terreo coñecido así.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==