Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 298 Reiriz Nome que procede do xenitivo ragirici , do antropónimo de orixe xermánica que en latín ten a forma Ragiricus e Reirigo en galego (Piel e Kremer, 1976: §213/7). Son as coutadas de Segade, ocupadas agora por piñeiros, que que- dan por debaixo da Viña Grande, aproximadamente dende A Mouteira, por poñente, ata A Buraca, por nacente. Polo sur testan coa Soaxeira e O Pereiro. Abrangue tamén as casas situadas no estremo suroeste, ao redor do camiño de Reiriz. No Catastro de Ensenada aparece tamén a forma «Reiris», pero a maioritaria (máis dunha ducia de propiedades así chamadas) é Reiriz . Realízase con seseo (Reirís), como corresponde á fala de Bembrive. O Camiño de Reiriz de acceso, un ramal a casas e o outro aos campos e coutadas de Reiriz, que parte da rúa Subida á Mouteira á man dereita, uns douscentos metros máis arriba do camiño da Soaxeira. Rorigo, O Na obra de Piel e Kremer xa citada, Hispano-gotisches Namenburch , recóllese Rorigo como un dos moitos resultados, ao igual que Rodrigo , do nome de orixe xermánica R udericus , un dos dez nomes masculinos, segundo Boullón (1999: 394), máis frecuentes na Alta Idade Media en Galicia. Esta mesma autora analiza o nome R udericus como un com- posto formado pola partícula * hrôps ‘vitoria, gloria’, do gótico, e a ter- minación - ricus , do xermánico * rikaz ‘poderoso’. O uso tan estendido do nome Rorigo ou Rodrigo no pasado explica que o seu patronímico, Rodríguez , sexa hoxe en día o apelido máis frecuente en Galicia. Lugar de Xestoso entre Aguafría ou A Pexega, ao norleste, e os luga- res do Martínez e O Cea, ao oeste. É a ladeira que queda por riba do camiño do Monte Vello ata a estrada das Plantas. A maioría do terreo é monte, pero hai tamén algunhas casas, entre as estradas de Xestoso e das Plantas. Non aparece O Rorigo no Catastro de Ensenada , pero no Libro de afanegados si hai varias propiedades co nome de «Rorijo» e «Rorijo o Aradas», dedicadas a devesa, toxeira e castiñeiros. Esta última denomi- nación indícanos que O Rorigo se estendía naquela época ata abranguer As Aradas e, polo tanto, tamén os lugares coñecidos agora como A do Cea e A do Martínez. A Regueira do Rorigo é un rego que na actualidade

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==