Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 28 especialmente nos lugares onde non hai ou houbo ningún rego, e é que Rial fose o apelido dun antigo propietario. De feito, é un apelido rela- tivamente común na zona e ten a súa orixe na entidade de poboación chamada O Rial, en Comesaña. Na nosa parroquia recollemos dous Rial : un no Cacheno e que abrangue as terras situadas á man dereita entrando polo chamado Ca- miño dos Troncales, que parte do Cristo do Cacheno. Polos pés baixa un rego e hai unha presa que algún veciño nomea como A Presa da Raposa. E o outro baixando pola Pedrosa, a uns cen metros da estrada do Carballal, nunha entrada á man dereita atopamos Os Campos de Rial 14 , tamén identificados con este nome, leiras que se estenden á man esquerda ao longo desa entrada, ata testar coas Pereiras. No Catastro de Ensenada aparecen ata sete propiedades coa deno- minación de «O Rial» (só nun caso sen artigo) ou os seus compostos «O Cocho do Rial» e «Campo do Rial». Tamén en numerosas ocasións aparece O Rial no Libro de Afanegados , unha delas como «Rial o Ca- chapazal» o que nos indicaría a pertenza deste «Rial» ao mesmo polí- gono de terras que coñecemos agora como O Cocho Pasal e que, polo tanto, faría referencia ao Rial do Carballal. Ribeira, A De acordo con Piel (1947a: 338), o termo latino ripa foi ampliado na maior parte do territorio románico co sufixo – aria obténdose o derivado riparia , do que procede ribeira ‘franxa de terra na marxe do mar ou dun río’. A Ribeira ou As Ribeiras sitúanse estritamente por riba do final do Camiño da Ribeira, contra o río do Xalón. Porén, A Ribeira enténdese tamén como un lugar do barrio do Outeiro que abranguería estes te- rreos contra o río, agora arborados, pero estenderíase cara abaixo ata englobar tamén as casas que se atopan na parte máis alta do camiño da Ribeira, pertencentes ás Costas. 14 Nótese que neste caso a forma Rial aparece sen artigo, o que se contradí coa forma sinxela recollida e coa maioría dos casos que aparecen no Catastro de Ensenada .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==