Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 296 O Camiño da Puga é un sendeiro que parte do camiño dos Freires, un pouco máis arriba do lavadoiro á man esquerda e dá acceso ás leiras e á presa da Puga. Era, e segue a ser, coñecido pola veciñanza como Camiño dos Freires de Abaixo . Ó final deste atopamos A Presa da Puga no rego que baixa da presa dos Ameirales e que recolle as augas das regueiras do Cea e do Martínez. Paralelo, un metros por riba, ao ante- rior pasa O Camiño da Puga de Arriba , tamén coñecido como Camiño dos Freires de Arriba , que dá acceso a algunhas vivendas, polo que está asfaltado no seu inicio. Recaré Do xenitivo recaredi dun nome de posesor Recaredus , de orixe xer- mánica , composto por R ec - , raíz moi prolífica na formación de nomes, pero de etimoloxía non moi clara, que podería estar relacionada co gótico riquis ‘escuridade’ ou wrikan ‘perseguir’, e - redus ‘consello’, de acordo con Piel e Kremer (HGBN:§219). A forma agardada sería en rea- lidade Recarei , pero secundariamente obtense Recaré por redución do ditongo, que non é fenómeno estraño na fala desta zona onde é común a alteración dos ditongos decrecentes - ei - da conxugación verbal ( non sen por non sei , levén por levei , farén por farei etc.). No Nomeclátor de Galicia só figura con esta forma o lugar de Bembrive, e aparecen os restantes lugares coa forma Recarei , seis en total, mais un Recareo en Curtis (A Coruña) e na mesma provincia Recarea , en Mazaricos. Lugar do barrio de Segade que se estende dende A Mouteira ata A Parrocha, abranguendo os terreos e casas situados tanto á esquerda da rúa de Recaré como á dereita, e as coutadas por riba delas. Aparece o topónimo con esta grafía xa no ano 1846 no Libro de afanegados , ben como «dehesa de Recaré» ou «bosque de Recaré». Porén, na docu- mentación anterior (no Catastro de Ensenada ), figura como Recarei e Recarey, aínda que podía tratarse dunha corrección do propio Catastro e en xeral da lingua escrita, segundo o modelo doutros Recarei da nosa xeografía. Probablemente no século xviii xa se dicía Recaré , pero tíñase por vulgarismo. Sabemos, grazas a un documento do ano 1756, deposi- tado no Arquivo Diocesano de Tui , que en Recaré houbo unha capela: «capellanía de Nª Sª de la Soledad sita [...] en el lugar de Recarey», fundada por don Antonio Méndez de Gondar y Sotomayor «caballero de Santiago y familiar do Santo Oficio» e da que quedou como opos-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==