Toponimia do Val do Fragoso

295 O E s p a z o h a b i t a d o e emparentado co nome da cidade de Pompeia. Dado que existe unha entidade de poboación chamada Pompeán na parroquia de Paradela, en Meis, o nome desta coutada tamén pode deberse ao apelido ou al- cume dun antigo propietario procedente desas terras. É o nome dunha coutada propiedade dunha veciña de Bembrive pero situada xa na veciña parroquia de Tameiga, Mos, que aparece nas escrituras como «Escochaina o Pompeán». Pompeán é lembrado por unha veciña de avanzada idade de Xestoso como o lugar polo que pasaban cando, andando ou en carro, ían á festa de San Cosme (en Cela, Mos). Puga, A Puga é un apelido compartido por pouco máis de tres mil persoas en Galicia. É característico do Miño ourensán e tudense e orixinario da parroquia homónima de Toén, Ourense. Un lugar chamado A Puga pode deber o nome á súa forma, semellante a unha puga (delgada e aguzada, como os anacos de póla dunha planta que se introduce nou- tra para facer un enxerto), pero cando esta forma non é evidente, o máis probable é que proceda do apelido dun antigo posesor ou posesora ( A Puga = ‘A de Puga’). Últimos campos que atopamos ao final do camiño dos Freires de Abaixo (agora camiño da Puga de Abaixo) e os situados do outro lado do río, ata o camiño de Peizás. De feito, baixar polo camiño de Peizás dende a Viña Grande, é outro xeito de chegar ás Pugas, xa que son campos que nos atoparemos ao final do camiño, de fronte. No Catastro de Ensenada (1752) «Puga» aparece tan só como apelido de dúas veci- ñas de igual nome, Ana de Puga, do Lameiro, e Ana de Puga, censada en Peizás («Painsas») ambas as dúas sen ningunha outra propiedade rexistrada máis cá propia casa. Pero este apelido estaba xa presente na parroquia o século anterior na figura do capitán Pedro de Puga, tal e como recolle o testamento de don Antonio Méndez de Gondar y Soto- mayor (–> Recaré). No Libro de afanegados «A Puga» é xa un topónimo que aparece máis de media ducia de veces, a maioría deles seguramen- te correspondentes ao mesmo lugar que ao que aquí facemos referen- cia, posto que se especifica «a Puga o Freires» ou «a Puga o Painzás», pero aparece tamén un «o Cocho da Horta o Puga en Gestoso» que xa non se coñece na actualidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==