Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 294 o visitamos a vexetación cubría tamén o seu exterior. Estes muíños, tal como nos comunicou un veciño, eran coñecidos tamén como O Muíño do Cocho da Fonte (o situado augas arriba) e O Muíño Vello pola súa sogra, muller de avanzada idade nativa do lugar, denominación que nos informa de cal deles é o muíño máis antigo e, polo tanto, o que aparecía xa documentado no catastro de 1752. A mediados do século xviii Paio era un dos oito núcleos máis poboa- dos de Bembrive ao contar con dez familias rexistradas. Pero ademais atopábanse neste lugar numerosas terras de labor (hai trece propieda- des con este nome no Catastro de Ensenada ), unha parte de monte comunal e un muíño. Paias, As Plural do adxectivo feminino Paia (As Paias = ‘As de Paio’ ou ‘As do Paio’). Zona do Mosteiro situada aos pés da Garabulla, entre A Amieira ao norte e O Monte Calvario ao nordeste, As Ferreiras ao oeste e a propia Garabulla ao sur. Ás Paias pertencen ás casas da man esquerda (entrando dende O Calvario) do mal chamado camiño Cemieiras e, cara ao oeste, as da confluencia entre o final do camiño da Garabu- lla e o comezo do das Ferreiras, así como as coutadas que hai entre elas. Porén, a casa máis coñecida e que calquera veciña ou veciño identifica coa localización do topónimo, era A Casa da Meliña (–> As casas e lugares). Hai quen distingue entre As Paias Grandes ao oeste e As Paias Pequenas Pequenas , ao leste. Na fala escoitamos tanto As Paias como As Pallas . Posiblemente, ao facerse escura a forma Paias substituíse polo plural de palla , palabra presente na lingua común. Aparece no Catastro de Ensenada unha propiedade chamada A Paia que é posible, aínda que non podemos aseguralo, que se corresponda co topónimo actual. O que si parece coincidir son as denominadas «Payas» no Libro de afanegados , que aparecen nalgún caso como «Payas de Arriba o Pozos». Pompeán De pompeiani , xenitivo de Pompeianus , nome masculino derivado, segundo Boullón (1999: 377) de Pompeius , nome dunha gens romana
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==