Toponimia do Val do Fragoso

293 O E s p a z o h a b i t a d o A Baixada a Mourelle é o camiño coñecido tamén como Subida ao Carballal que actualmente ten o nome oficial do Camiño do Cocho. O río do San Cibrán ou río de Eifonso ao seu paso por Mourelle recibe o nome de O Río de Mourelle . Paio Nome persoal característico da área tudense. Procede do latín pela - gius , derivado do grego pélagos ‘mar’. Paio foi o nome dun santo tuden- se martirizado en Córdoba no 925 cando contaba con só catorce anos de idade. A máxima expansión do culto á súa figura deuse nos séculos x e xi , o que se reflectiu na expansión das advocacións e a proliferación deste nome na toponimia. No Nomenclátor de Galicia aparece o lugar de Paio de Bembrive xunto a outros como os pertencentes a Oza ou Sobrado (A Coruña). Con todo, é a forma haxiotoponímica San Paio a máis frecuente, con máis de trinta lugares así chamados en Galicia, entre eles o barrio de Lavadores. Lugar do barrio da Chan situado ao norte do camiño da Regada dende o seu inicio ata a Ponte das Pereiras, e delimitado por nacen- te polo rego de Pontecela, aquí O Río de Paio. Ata a construción do lavadoiro novo da Regada que coñecemos na actualidade, as veciñas da zona viñan lavar ao río de Paio, onde había unha fochanca e unha gran pedra que facía de lavadoiro. Se non, ían á Candea ou ao propio lavadoiro antigo da Regada que consistían no mesmo sistema. Os Muí- ños de Paio , na actualidade son dous muíños, ambos de herdeiros. O Muíño de Paio de Arriba , situado na marxe esquerda do río de Paio, atopámolo un pouco máis abaixo do punto onde o camiño de Paio cruza o río. Era un muíño de canle, pero na actualidade está en es- tado ruinoso, só quedan en pé as paredes invadidas pola vexetación. Uns cincuenta metros máis abaixo, na mesma marxe do río e aos pés dunha pequena fervenza, está O Muíño de Paio de Abaixo, ao que se accedía polo camiño do Xalón, seguindo recto en lugar de xirar cara ao Laranxeiro. Segundo o monográfico publicado na Voz do Meco 87 , sabemos que é un fermoso muíño de cubo, pero no momento en que 87 A Voz do Meco , publicación da SCDR Helios de Bembrive, incluíu no número de setembro de 2000 e anteriores, un traballo de catalogación de todos os muíños da parroquia.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==