Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 292 de Miguel (Miguel+ez > Migueez > Miguez), é un apelido compartido por máis de once mil persoas en Galicia, aínda que transformado prac- ticamente de xeito xeral en Míguez por analoxía con outros apelidos patronímicos rematados en - ez que teñen o - i- tónico como Domín- guez , Rodríguez etc. No noso topónimo o apelido conserva o acento na última sílaba, que é a forma histórica e etimolóxica. Pronunciado por suposto con gheada, A Maremighés, é unha leira situada aos pés das Pereiras, no polígono de terras do Cocho Pasal, poucos metros cara ao sur do camiño do Cocho que sobe dende Mou- relle ao Carballal. De feito, accédese a el dende a entrada que parte á man dereita do camiño, xusto por riba da curva que describe case na metade do seu trazado. No Catastro de Ensenada aparecen seis veci- ños e unha veciña, Antonia, co apelido Míguez, en Bembrive. Si que atopamos unha María Miguez no Libro de afanegados , malia que o feito de ser veciña de Beade e ter unha única posesión en Bembrive «encima das eiras en la fraga» parece descartala como a motivadora do topónimo. Mourelle Procede do xenitivo M aurelli do antropónimo latino M aurellus , di- minutivo de M aurus ‘mouro, moreno’, segundo expón Nicandro Ares na toponimia de Taboada, aínda que Bascuas apunta tamén a posibi- lidade de que derive de M aurilii , xenitivo de M aurilius (Bascuas 2006: 343). Lugar do barrio de Outeiro que abrangue o núcleo de casas dispostas a un lado e outro do primeiro tramo da Subida ao Carballal, a subaldea da Cova e terreos de monte cara ao sur. Ao leste, o valado que separa O Sorrego do Cocho, marca a súa estrema co Carballal. Na pronuncia é habitual escoitar a realización como Mourella . Se o etimolóxico era Mourelle , os falantes que comezaron a dicir Mourella interpretaban que Mourelle era un vulgarismo que relaxaba o - a final ( cf. Cidadella é hoxe Cidadelle en Chapela). Sen atestacións antigas non podemos saber se o orixinal era Mourelle ou Mourella . Se o orixinal fose Mourella , o étimo non sería un nome persoal senón un diminutivo M auricula , do adxec- tivo feminino M aura ‘moura, de cor escura’. Na escrita, especialmente no Catastro de Ensenada , aparece sempre como «Mourelle».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==