Toponimia do Val do Fragoso

291 O E s p a z o h a b i t a d o 1999: 295). Amandus era, segundo Piel (1947b: 167), un nome cristián frecuente na Galia. Considerado como un lugar do barrio dos Freires, abrangue as vi- vendas e as leiras situadas ao longo da rúa de Mandín ata a Fonte de Novelos. Mandín era xa lugar de habitación no ano 1752, cando con- taba con seis vivendas rexistradas, tal como se recolle no Catastro de Ensenada . A comezos do século dezasete, no ano 1609, Luis Sarmiento de Valladares, que sería titular do marquesado de Valladares 84 , posuía certos bens en Mandín que, xunto a outros en Beirán e Roupeiro (Ma- tamá) e Viloura (Castrelos), foron vendidos por orde xudicial para facer fronte ao non pagamenteo da pensión alimenticia que debía ás súas tías Inés e María Sarmiento, monxas profesas no mosteiro de Santa Clara de Pontevedra 85 . Baixando uns cincuenta metros polo camiño de Novelos dende a rúa de Mandín, O Mandín son os campos plantados de viña e millo que nos quedan á man dereita cando comezamos a tomar a curva, e que se estenden ata un pouco antes do rego que baixa á Fonte de Novelos. No Libro de afanegados aparecen propiedades cos nomes de «Balados o Mandin» e «Polon o Mandin» o que indica a pertenza destes terreos de Pozos e Valados a Mandín, que mantiña a categoría de «lugar de habitación» cun censo de sete vivendas. Aparece tamén «Mandin o Lameiro», pero o de Lameiro é un topónimo que xa non recollemos na actualidade nesta zona. Maremigués, A Topónimo que procede do nome dunha antiga posesora chamada María Miguez ou dun posesor Amaro 86 Miguez. Miguez, patronímico 84 Castelanizaciónou grafía latinizante de Valadares , forma correcta do topónimo, que corresponde ao plural de valadar, un abundacial do substantivo valado, que provén do latín vallatu , palabra derivada de vallu ‘estacada, cerca feita de paus’ (AGON: Asociación Galega de Onomástica). 85 PARES, AHN Sección Nobreza, 77, «Archivo de los Marqueses de Mos». 86 Amaro é un nome tradicional galego. As reformas do santoral realizadas a partir do Concilio de Trento, feitas dende o castelán, non o identificaron e asignáronlle a equivalencia de Mauro . Isto explica, por exemplo, a confusión entre a advocación a Santo Amaro (forma tradicional) ou San Mauro na veciña parroquia de Matamá; mais son dous Santos distintos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==