Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 290 Larín O topónimo Larín podería proceder dos antropónimos latinos de ori- xe etrusca L arin ( i ) us ou lallinus . Isto apunta Piel no seu estudo sobre no- mes de posesores latino-cristiáns na toponimia asturo-galega-portugue- sa, onde, xunto a Lariño ou Larim estuda o propio topónimo Larín , do que refire tres localizacións en Galicia, dúas delas na provincia da Co- ruña (A Laracha e Trazo) e unha en Láncara, Lugo. O Nomenclátor de Galicia dá conta ademais da parroquia de Larín, en Arteixo. De todos os xeitos, non podemos desbotar a posibilidade de que a súa aparición se debese á presenza dun antigo posesor procedente doutro dos lugares chamados Larín ou que tivese ese apelido. Aínda que actualmente na Cartografía de apelidos de Galicia non aparece o apelido Larín, si o rexistra o INE en Cantabria e León. Larín é unha variante de Lalín por alternancia entre consoantes líquidas - l - e - r -, fenómeno habitual espe- cialmente cando, como neste caso, coinciden dúas na mesma palabra. No Carballal son os campos situados á man dereita unha vez que comezamos a subir polo antigo camiño da Canuda (agora subida á Chan). Limitan ao sur co rego que baixaba ata a Presa de Regueiriños e ao leste cun pequeno valado que dá paso en altura ao Cortiñelo. Como ocorre en moitos outros casos, na fala predomina o uso do plural Os Laríns . Larín consérvase tamén como nome dun campo situado ao outro lado da rúa do Carballal. Este feito, xunto á profusa aparición no Catastro de Ensenada (máis de trinta propiedades que figuran con este nome), leva a pensar que Larín puido ter no pasado unha extensión moito maior á actual, abranguendo como mínimo os dous núcleos no- meados, separados agora pola rúa do Carballal, e que se estenden ata A Cruz (–> A Cruz). O Lavadouro de Larín está situado na entrada do camiño da Senra, por riba do Cortiñelo. Hai quen o coñece como O Lavadouro dos Ameales ou O Lavadouro do Cortiñelo. A carón do la- vadoiro está A Presa de Larín , feita hoxe en día de cemento, aínda que sen uso, e que tamén é coñecida como A Presa dos Ameales. Mandín É nome de orixe dubidosa; poderíase tratar dun nome xermánico emparentado coa raíz Manþ- ‘alegrase’ ou ter raíz latina, A mandinus , derivado de A mandus , formado sobre o verbo latino amare (Boullón
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==