Toponimia do Val do Fragoso
289 O E s p a z o h a b i t a d o Filaboa, A Resultado normal en galego do nome persoal que no latín medieval aparece como fifliabona , isto é ‘filla boa’. Baixando dende o Carballal a Mourelle polo camiño na actualidade rotulado como do Cocho, temos unha entrada á man dereita que rodea Regueiriños por debaixo e nos leva ao Roupeiro. Pois ben, a segunda das vivendas que atopamos á man esquerda desta entrada, de recente construción, ocupa o lugar coñecido como A Filaboa, topónimo do que non temos referencia histórica. Fionde É un topónimo de orixe e significado descoñecidos, que non ten paralelo na toponimia de Galicia, polo menos na das entidades de po- boación, nin doutras áreas. Podería pensarse nun apelido ou sobreno- me de propietario. Existe un apelido Fiondi italiano e un Feond inglés, pero non parece moi verosímil que arraigasen na toponimia de Bem- brive apelidos tan exóticos. No Catastro de Ensenada aparece como «Fiunde» (nomeando propiedades) e no libro de afanegados xa se rexis- tra coa forma actual. En Baruxáns identifica unha depresión situada aos pés da aba no- roeste do outeiro da Ferreira, encaixada na actualidade entre a avenida de Madrid ao norte e a estrada de Bembrive ao sur. Inclúe un núcleo de casas rodeadas polo camiño de Fionde, e, cara ao oeste, unha gran zona verde húmida de interesante valor ecolóxico. Non está moi clara entre a veciñanza de Bembrive, incluso a de máis idade, a categoría de Fionde, aínda que se tende a considerar como un lugar do barrio de Baruxáns. En concreto, o que estrema neste punto co do Mosteiro, que comezaría a partir da Ferreira cara ao oeste. O Camiño de Fionde é un camiño asfaltado e de forte pendente que sobe dende o núcleo de Fionde á rotonda de Eifonso. Ao baixar polo camiño de Fionde dende Eifonso, xusto ao tomar a curva que describe cara a poñente, atopamos o conxunto formado pola Fonte e O Lavadouro de Fionde , por debaixo do nivel que o camiño ten na actualidade.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==