Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 288 da zona e mesmo doutras parroquias como a de Sárdoma. 83 O campo fronte ao lavadoiro, á man esquerda, cun peche de postes é O Campo de Eifonso . Se baixamos dende A Ponte de Eifonso ao lavadoiro do mesmo nome e continuamos polo sendeiro que vai paralelo ao río, ato- paremos un primeiro muíño á man esquerda que é o Muíño do Carriza. O Muíño de Eifonso está uns douscentos metros máis adiante, xusto no punto onde hai un paso para cruzar o río á outra beira, pertencente xa a Beade e onde temos, á man dereita, A Fonte da Sanxegueira. Este muíño, actualmente en ruínas, conta con, cando menos, máis de dous séculos e medio de vida, posto que aparece censado xa no Catastro de Ensenada : «otro nombrando de Ifonso a Juan estevez Jacinto Alonso francisco Gomez y otros». Daquela, moía todo o ano. Fandiña, A O apelido Fandiño está presente en oitenta concellos de Galicia, a maioría pertencentes á provincia da Coruña. Procede do nome de orixe xermánica * fandinus ‘soldado a pé’. En Bembrive atopamos A Fandiña , probablemente forma feminina do adxectivo equivalente a ‘A de Fandiño’. É o conxunto de leiras, unha media ducia, que temos entre o camiño da Serra, ao norte, e o camiño da Fandiña ao sur, no Outeiro. Con todo, aínda que esta é a interpretación máis estendida, tamén hai quen in- clúe na Fandiña os terreos situados ao outro lado deste último camiño. Malia se empregar o plural As Fandiñas , a forma singular é maioritaria. Non aparece no Catastro de Ensenada pero si o fai xa en máis de media ducia de ocasións e coa forma actual ( A Fandiña ) no Libro de afane- gados , como propiedades na súa maior parte de veciñas e veciños da Cruz, o que nos confirma que coincide coa Fandiña actual. O Camiño da Fandiña parte da rúa da Cruz, subindo á man esquerda, uns noventa metros antes de chegar á encrucillada. 83 Esta parroquia non conserva ningún dos seus lavadoiros en uso, a pesar de contar co que posiblemente sexa o maior lavadoiro de Vigo, o do Pontillón, con capacidade para medio cento de persoas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==