Toponimia do Val do Fragoso

27 A A u g a Regueiro, O Un regueiro é un ‘curso de auga pouco abundante, menor ca o río e maior ca o regato’. Deriva de rego . Este substantivo repítese en varios topónimos da nosa parroquia, de xeito que recollemos no Carballal O Regueiro , campo na marxe dereita do rego que baixa dende A Fonte da Pedrosa, coñecido tamén como O Campo do Cubano. O Regueiro, xunto ao río da Antol e os demais campos situados na beira do antedito rego, son coñecidos en conxunto como Os Campos do Río. No Mosteiro, O Regueiro, terreo con casa situado detrás da fonte de tres canos alimentada pola auga da Amieira, sitúase aos pés da do Vieira e estrema ao norte coa avenida de Madrid e ao leste co ramal da estrada de Bembrive que vén da rotonda de Eifonso e separa Fionde da Ferreira. O Regueiro no Outeiro é un pequeno conxunto de campos á man dereita ao entrar no camiño das Cerdeiras dende a chamada rúa Cruz. A el chegaba o rego que viña da Presa da Castiñeira. onde a presa da Bouzafría, localizamos O Cocho Regueiro, pequeno campiño situado por debaixo da fonte e a continuación do Cocho das Tres Esquinas. Se tomamos o camiño que sae do extremo norte da presa, en dirección á Bouzafría, é o primeiro campo que nos queda á man esquerda, entre este camiño e o paralelo por debaixo. Rial, O É palabra común en galego para designar un curso de auga, ás ve- ces artificial. Resulta problemático establecer de que étimo procede. Podería ser un derivado de río con sufixo correspondente ao latín – ale , pero non se pode descartar a interferencia da familia léxica de rigare ‘regar’. Existía tamén en latín o adxectivo regalis ‘real’, de rex ‘rei’ que deu en galego real . A semellanza fonética entre ambos termos real / rial fai que sexa complicado discernir nalgúns casos a orixe do topónimo co que nos atopamos. Así a todo, ao non situarse as localizacións cha- madas Rial que temos en Bembrive dentro dos terreos de propiedade real dos que temos constancia, podemos descartar esta posibilidade, se consideramos ademais que o adxectivo usado para indicar terras que son de xurisdición real era reguengo , reguenga , non real . Non podemos esquecer outra posible explicación para a aparición deste topónimo,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==