Toponimia do Val do Fragoso
287 O E s p a z o h a b i t a d o e arredores). Neste caso a forma do apelido patronímico coincide coa do nome por razóns fonéticas; fronte ao patronímico habitual co sufixo -ez (Rodríguez), os nomes persoais que tiñan unha sibilante na última sílaba non engadían sufixo, por iso hoxe o común é García, Lourenzo ou Alonso e non o seu equivalente rematado en -ez. Trátase dun pequeno barrio de Bembrive enclavado entre os barrios de Xeme, O Mosteiro, Outeiro e ao sur e oeste o río do mesmo nome, que o separa da veciña parroquia de Beade. No Catastro de Ensenada era xa considerado lugar de habitación , con seis casas, a metade, ou menos, que outros como Xestoso, Baruxáns ou O San Cibrán. A grafía do topónimo, aínda que moi vacilante no Catastro de Ensenada , onde atopamos as variantes «Hifonso», «Heifonso», «Ifonso», «Yfonso» e «Eyfonso» (o que pon de relevo que a alteración xa se producira antes do século xviii ), aparece estabilizada no ano 1846, no Libro de afanega- dos , na actual forma Eifonso . O Río de Eifonso é o principal afluente do río Lagares que ten prac- ticamente todo o seu percorrido na parroquia de Bembrive, dende o seu nacemento na Xunqueira, ata cruzar a Ponte de Moledo. A partir dese punto entra na parroquia de Sárdoma onde, aproximadamente un quilómetro máis adiante, desembocará no Río Lagares, antigamente coñecido como o río Sárdoma. O río de Eifonso que, como todos, vai tomando numerosos nomes ao longo do seu percorrido (o río do San Cibrán, da Pedrosa, de Mourelle, dos Pelames, de Xeme, de Abalde, da Cova na estrema con Beade e Sárdoma, e a partir da entrada nesta pa- rroquia o río de Moledo e o río do Pontillón), é coñecido en xeral, hoxe en día polo nome que toma ao seu paso polo barrio de Eifonso. Antiga- mente, a denominación máis empregada era o río do San Cibrán, que é a que atopamos no Catastro de Ensenada das parroquias de Bembrive e Beade na localización dos seus muíños (–> A Parroquia). O Camiño de Eifonso ( actualmente forma parte da rúa que se no- meou como camiño dos Pelames) baixa dende a curva dos Pelames ata A Ponte de Eifonso, ponte que cruza o río de Eifonso e marca a estrema entre Bembrive e Beade. A ela chega a rúa de Eifonso dende Bembrive, onde parte a rúa da Costa da Gándara cara a Beade. Nesta sitúase O La- vadouro de Eifonso , un dos poucos da parroquia, e en xeral do rural vi- gués, que continúa a ser empregado dun xeito habitual pola veciñanza
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==