Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 286 Galicia onde este nome quedou fixado como topónimo. Por exemplo, o lugar chamado A Cataliña na parroquia de Vilacova, Salvaterra; Santa Cataliña na parroquia de Tal, Muros; ou Santa Cataliña de Ar- mada en Santa Comba. Santa Catarina (de Alexandría) asóciase coa sabedoría e considérase patroa, entre outras, das persoas dedicadas á filosofía e ao estudo. Porén, a súa existencia histórica está cuestio- nada, xa que se pensa que podería tratarse dunha creación da Igrexa Católica para cristianizar a filósofa, matemática e astrónoma Hipatia de Alexandría. Na rúa do Carballal, un pouco antes de chegar ao camiño da Pe- drosa, temos unha entrada á man dereita que dá acceso a varias casas. A última delas está no lugar coñecido como A Cataliña . Non figura no Catastro de Ensenada , pero no Libro de afanegados de 1846 xa ato- pamos máis dunha propiedade co nome de «campo de Catalina en el Carballal». Eifonso Este topónimo aparece estudado por Carrasco e Navaza referida obra Toponimia do Val de Fragoso, 3: Beade . Alí apúntase que a súa orixe pode estar nunha alteración fonética dun antigo Muíño de Afonso que resultou en Muíño de Eifonso ao relaxarse o hiato - de - a en ditongo - dei -. Eifonso , alteración de Afonso nese contexto, é o patronímico do nome persoal de orixe xermánica Adefonsus. A partir do muíño es- tenderíase o nome ao río e ás terras de arredor; e segundo o propio Navaza (comunicación persoal), a finais do século xvii aínda se usaba Afonso na fala de Fragoso, polo que a alteración de de Afonso en de Eifonso debeu de producirse cando Alonso xa fixera desaparecer os Afonso da fala e da conciencia dos falantes. Alonso era a forma corres- pondente castelá desde finais da Idade Media ata o século xix , en que o fillo de Isabel II puxo de moda en España a forma afrancesada Alfon- so ( Alphonse , paralela da castelá medieval Alfonso antes de pasar a Alonso na mesma época en que farina pasou a harina nesa lingua). Nas historias de España publicadas antes de Alfonso XII, os reis medievais españois chámanse en castelán Alonso (Alonso el Sabio etc.). Por esa razón os Afonso tan abundantes na antiga diocese de Tui (parte portu- guesa incluída) son agora Alonso na parte galega (hoxe en día a forma castelanizada Alonso é característica da onomástica familiar de Vigo
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==