Toponimia do Val do Fragoso

285 O E s p a z o h a b i t a d o Para referirse ás terras do lugar tamén se recorre ao plural secundario Os Casaldares . No Catastro de Ensenada aparece xa coa forma actual «Casaldares». Case uns douscentos máis adiante do Lavadouro da Regada, temos unha entrada á man esquerda dende o camiño do Pouso onde se atopa A Presa de Casaldares . Dende ela, cando o sistema tradicional de rego estaba aínda en uso, baixaba a auga pola Palancha para regar campos nas Figueiras, no Piñeiro e dúas leiras na Regada. Casaldares Cataliña, A Forma popular recente, creada a partir de variante castelá Catalina , do nome Catarina . A súa orixe estaría no grego E katerine , que podería derivarse en último termo, de acordo co Diccionario dos nomes gale- gos , de E katos , atributo de Apolo, ou de E kate , a deusa de ultratumba, malia que no mundo cristián occidental o nome adóitase relacionar co adxectivo grego K atharós ‘puro’. Hai varios lugares rexistrados en

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==