Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 284 Barbón, O Poderiamos estar ante un hidrónimo prerromano, pero resulta raro que se conservase nunha única propiedade rústica e non estea presente no Catastro de Ensenada, polo que o máis probable é que se trate dun apelido, algún nome persoal alterado, ou ben un alcume. Neste caso quizais podería tratarse dun derivado de barba , a menos que sexa for- mado a partir do nome de García Barbón, quizais a comezos do século xx , cando dicir en Vigo ese nome era dicir «home moi rico». No Outeiro, O Barbón é a segunda leira que temos á man esquerda baixando polo camiño da Devesa, logo de pasar a fonte do mesmo nome. Aos seus pés atópase A Presa da Cerdeira. De feito, son as co- rrentes subterráneas que flúen por debaixo do Barbón as que en parte a alimentan, xunto coas augas que veñen da Agreira. Non figura no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . Casaldares Procedente dun antigo Casal de Ares . Un casal (do latín casale , deri- vado de casa ) era, na Idade Media, unha propiedade rural constituída pola casa familiar, as cortes e demais dependencias anexas e as terras de labor. Posteriormente, o concepto ampliouse para tomar o significa- do de pequeno grupo de casas dentro dunha aldea. O nome do propie- tario do casal aquí nomeado, Ares , é unha variante de A rias e A iras , un nome persoal, característico do noroeste peninsular, de orixe un tanto problemática, pero ben coñecido dende a Idade Media. Boullón recolle na súa Antroponimia Medieval Galega como posibles orixes do nome o tema prelatino ara ‘val’ da raíz * ar - ‘auga’, ou ben o hebreo arieh ‘león’. Son as veigas que se estenden aos pés do monte do Crasto de Xes- toso pola banda de nacente; á man esquerda, ao entrarmos no camiño do Pouso dende A Regada. Aínda que hoxe en día hai xa algunha casa construída e poucas das terras están traballadas, antigamente era zona de cultivo, especialmente de liño, por ser este lugar, tal como nos dicía unha veciña, de terras húmidas ou lagoeiras . Unha vez recollido, ese liño levábase ao río do Pouso para empozalo. O feito de que non per- viva ningún antigo núcleo de poboación neste Casaldares, abre a po- sibilidade de que se tratase da propiedade dunha persoa apelidada ou alcumada así por proceder doutro dos Casaldares existentes en Galicia.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==