Toponimia do Val do Fragoso

283 O E s p a z o h a b i t a d o auga e o home sandou. Este é o motivo, segundo a etimoloxía popular, de que a fonte fose chamada así. É un exemplo máis das fontes santas existentes en Galicia en que o nome fai alusión ás propiedades salutífe- ras atribuídas ás súas augas. En Recaré, A da Santa abrangue as leiras, coñecidas tamén como O Campo da Santa, que había á esquerda do ramal cortado da rúa de Recaré, pasando a primeira casa cara á avenida de Madrid. Neste caso, o nome débese ao alcuño aplicado ironicamente á súa propietaria. POSESORES ANTIGOS Topónimos que proceden do nome dos antigos posuidores da terra. Abalde, O Muíño de A etimoloxía deste topónimo foi estudada por Gonzalo Navaza para tratala no libro dentro desta mesma colección, Toponimia do Val de Fragoso, 3. Beade (para máis detalle consultar as páxinas 14-16), polo que nos limitamos a recoller aquí un fragmento dos seus apuntamentos ao respecto: O topónimo Abalde procede dun nome de posesor medieval Abaldus ou Avaldus. É un nome de orixe xermánica, que deriva dunha raíz bald- que significaba ‘ousado, atrevido, valente’. Abaldus semella unha simple variante. Esta construción está situada no final da rúa da Xesteira, á man es- querda, logo de pasar a entrada ao camiño do Muxo. Atópase polo tan- to xusto antes da Ponte de Abalde, na marxe dereita do río do mesmo nome. É un muíño de canle cuberta que se atopa externamente en bo estado. Aparece no Catastro de Ensenada de 1752 dentro da relación de muíños existentes na parroquia: «otro que llaman de Abalde (perten- cente) a Balthasar de Leiros y otros consortes». Recentemente foi sinalizado, de xeito incorrecto, como Muíño de Balde. A única denominación empregada para referirse non só ao muí- ño, senón ao propio barrio de Beade, tanto pola veciñanza de Bembri- ve como pola do veciño barrio de Moledo, é Abalde. O Río de Eifonso neste punto de fronteira entre Beade e Bembrive toma o nome de O Río de Abalde e a ponte que permite cruzar dende Bembrive ao veciño barrio de Abalde de Beade o de A Ponte de Abalde .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==