Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 282 O proceso de remodelación da capela foi realmente curioso, xa que se comezou a construír o edificio actual dentro do antigo, e existen fo- tos na parroquia en que se pode apreciar este efecto «matrioska» cunha capela dentro doutra. A fundación da capela orixinal é explicada na parroquia cunha lenda que recollemos no anexo ii do libro. Ademais no lugar do San Cibrán localizamos O Lavadouro do San Cibrán , na esquina entre a estrada principal e a baixada ao Camiño do Soeido. Se baixamos do lavadoiro, temos A Fonte do San Cibrán á man dereita. O Río do San Cibrán (Bembrive) é o nome que toma o río coñecido na actualidade como O Río de Eifonso no seu nacemento, pero que antigamente se empregaba para referirse a todo o río (–> O Río de Ei- fonso). San Xan, O Na fala realízase como San San . Enténdese que estamos ante un antigo San Xan onde se produciu unha despalatalización do x - inicial do segundo elemento, Xan , hipocorístico do nome persoal masculino Xoán . Entre O Outeiro e A Chan, O San Xan é o conxunto de leiras, distri- buídas en dúas alturas, que hai por riba do camiño da Devesa, dende a altura da fonte do mesmo nome ata o camiño da Costa (agora Camiño da Ribeira). Por nacente testan coa Castiñeira. Dentro do San Xan, o terreo con vivenda situado na altura superior máis ao norte, contra o Camiño da Ribeira, é O San Xan Grande . Santa, A Fonte Forma feminina correspondente ao adxectivo latino sanctu ‘sagrado, virtuoso’. Era unha fonte que nacía no valado situado na man esquerda da rúa do San Cibrán, xusto ao pasar o camiño da Cal en dirección á capela. Ao ampliar a estrada, a fonte canalizouse e deixouse dentro do terreo pechado que se atopa no outro lado da estrada. Era estacionaria, xa que só tiña auga no inverno. Dise que nunha ocasión un home que estaba moi enfermo, a piques de morrer, pediulle á súa familia que lle foran buscar auga a aquela fonte, que tiña sede e quería beber. Leváronlle a

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==