Toponimia do Val do Fragoso

281 O E s p a z o h a b i t a d o con Cela, parroquia de Mos, e ao oeste as dúas devanditas parroquias con Beade. Ademais O San Cibrán é tamén o nome do lugar central do barrio; núcleo de vivendas que atopamos logo de pasar o lugar de Bouzafría en dirección aos Ramallos. O San Cibrán (escrito no Catastro de Ensenada maioritariamente «San Ziprian», aínda que tamén «San Ciprian», «San Zipran», «San Zibran» e a forma actual «San Cibran») foi a mediados do século dezaoito o «lugar de habitación» máis po- boado da parroquia, con quince casas rexistradas nel. Malia que, tanto no antedito Catastro da Ensanda como no Libro de afanegados , onde aparecen máis de corenta propiedades en «San Ciprian», o topónimo figura sempre escrito sen artigo, na actualidade, aínda que conviven as dúas, a forma con artigo é a máis empregada, principalmente pola veciñanza do lugar. Os Poulos do San Cibrán estaban por debaixo da capela, no terreo fondo e húmido que queda entre o río de Eifonso, que baixa pola marxe de nacente da ermida, e o afluente que baixa por poñente. A Capela do San Cibrán, de tamaño pequeno, está situada no alto, por riba do lugar do San Cibrán, na estrada da capela cara a Bea- de. A construción que contemplamos na actualidade é recente, xa que data de principios da década de 1960. Non obstante, existen citas moi anteriores referentes a esta capela, como a que atopamos no foro reali- zado por Juan Fernández, mareante e veciño da vila de Bouzas, a favor de Juan do Outeiro, labrador, veciño de Santiago de Bembrive, polo «Campo y Cocho que esta junto a la ermita del Señor San Ciprian sito en la felegresia de Santiago de Bembrive» do 30 de novembro do ano 1632 (Museo de Pontevedra Arquivo Arias Teixeiro 5-46 SRº125-20). Máis dun século despois atopamos tamén a seguinte referencia nou- tro foro depositado no Arquivo Diocesano de Tui (1802) en que apare- cen ademais varios topónimos, como "Campo de Lodeiro". Campo nombrado Castiñeyra (labradio y tojal) cerrado sobre si, su pension [...]. Campo nombrado da Remesiña cerrado sobre si con camino que pasa a la igle- sia de esta feligresia y otras partes [...]. Dehesa d ela buraca tambien cerrada sobre si con camino que pasa a la iglesia de esta feligresia y otras partes [...]. Molino nuebo en el sitio de las Quebradas. Souto de castaños da Terbinza en el mone valdio. Viña nombrada cortiñelo cerrada sobre si.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==