Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 280 Reitoral, A De latín rectore (> reitor) ‘condutor, director’, procedente de regere ‘dirixir’. A reitoral é a ‘dependencia ou conxunto de dependencias onde o reitor dunha parroquia ten as oficinas e, xeralmente, a residencia’. A Reitoral é unha gran casa de pedra, na actualidade abandona- da e en estado semirruinoso, que albergou a antiga casa reitoral da parroquia e terreos ao seu redor. Atópase na man esquerda da rúa de Mandín, case chegando aos Freires. De feito é coñecida tamén como A Reitoral dos Freires. Na fala escóitase A Retoral . San Cibrán, O De Cibrán, do nome persoal latino ciprianus , que en orixe era o xen- tilicio dos nativos da illa de Chipre. Trinta lugares figuran no Nomenclátor de Galicia co nome de Cibrán no seu topónimo ( Cibrao no galego central e oriental) e todos, menos catro, aparecen precedidos do adxectivo santo , abreviado neste caso en san por comezar o nome por consoante. Son polo menos corenta as parroquias galegas que teñen san Cibrán como advocación, ás que habería que sumar numerosas ermidas e capelas. Segundo Piel, a di- vulgación deste nome débese probablemente ao culto a san Cibrán de Cartago, bispo e mártir que viviu no século iii , único santo africano realmente popular ata a Idade Media entre os fieis da península. Na nosa terra é ademais un santo característico da cristianización de anti- gos asentamentos castrexos (Navaza 2007: 136). Con outro san Cibrán, neste caso o de Antioquía, relaciónase a orixe do Ciprianillo ou Libro de San Ciprián , do que Eladio Rodríguez dá esta definición «libro de magia en el cual se comprenden las artes diabólicas necesarias para la busca y hallazgo de los tesoros que los encantos tienen guardados en castros, furnas y mámoas» (Eladio Rodríguez: 1958-1961, en DdD , s.v.) e que está presente tamén no acervo de lendas coas que conta a parroquia de Bembrive e que recollemos no anexo ii deste libro. Estamos ante o barrio máis meridional da parroquia de Bembri- ve. Comeza no lugar da Bouzafría e esténdese cara ao sur ata testar coa veciña parroquia de Zamáns nos terreos actualmente ocupados polas instalacións deportivas da Universidade de Vigo. Nesta fronte sur prodúcese unha dobre estrema, ao leste a de Bembrive e Zamáns

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==