Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 26 vén das Crebadas formando O Río da Capela, que augas máis abaixo chaman O Río de Eifonso. Regueiriña, A A terminación –iña do diminutivo, tan produtivo en galego, orixi- na o topónimo A Regueiriña que localizamos no Pouso, un terreo de monte ao redor do Camiño da Regueiriña (parte do camiño do Pouso, á man dereita, uns cen metros por debaixo da entrada dende a estrada das Plantas). Trátase dun pequeno val por onde discorre o rego que vai alimentar a presa do mesmo nome, A Presa da Regueiriña ( presa terreña bastante grande). Para chegar a esta hai que baixar polo Camiño da Regueiriña e unha vez chegamos ao final do tramo asfaltado, tomar o sendeiro que sae á man esquerda. Coñécese tamén como A Presa da Regueiriña a presa de cemento situada no camiño do Pouso, xusto fronte á entrada para o camiño da Regueiriña, por riba da cal se atopan os depósitos da auga da comunidade do Pouso. Regueiriños Ademais, tamén no Carballal, recollemos Regueiriños , diminutivo de regueiro, que á súa vez deriva de rego (ver. Rego, O / Rega, A). Corresponde a unha antiga casa labrega, con alpendres, canastro e te- rras de labor ao redor. Accédese dende a rúa do Carballal, entrando pola Fonte de Regueiriños, ou polo actualmente chamado Camiño do Cocho. Por detrás de Regueiriños temos xa O Roupeiro. Se atendemos ao Libro de afanegados, en que aparece unha propiedade denominada «Campo do Medio o Regueiriños», podemos pensar que este topónimo abarcaba antigamente unha superficie maior, abranguendo o que agora é O Campo do Medio. Situada na entrada que hai á man dereita na rúa do Carballal a uns noventa metros do seu inicio localizamos A Fonte de Regueiriños baixando á man esquerda, aproximadamente medio me- tro por debaixo do nivel da estrada actual. Un pouco máis adiante da entrada para esta, na man esquerda da rúa do Carballal en dirección a Cerdeiró, estaba A Presa de Regueiriños, que un desprendemento de terra atuíu e inutilizou ata que se limpe de novo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==