Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 276 de Xestoso a Mandín. No Catastro de Ensenada era considerado xa lugar de habitación, contando con seis cabezas de familia, o mesmo número que Mandín. Ademais, aquí recollemos os microtopónimos: Os Freires de Arriba , franxa de terro que queda por debaixo do actual camiño da Puga de Arriba, estendéndose cara ao noreste ata A Puga. Este topónimo aparece xa no Libro de afanegados da parroquia, aínda que como nome de propiedade. O lugar de habitación, ao igual que no Catastro de Ensenada era «Os Freires», escrito maioritariamente deste xeito, con artigo. Isto leva a pensar que neste caso a orixe máis proba- ble do topónimo foi o apelido dun antigo propietario. E Os Freires de Abaixo , franxa paralela por debaixo dos Freires de Arriba. Un pequeno valado marca o seu límite por poñente, por debaixo do que atopamos unha ringleira de tres vivendas. A estrada que sobe dende Mandín ata Xestoso recibe o nome de O Camiño dos Freires . Antigamente era un camiño fondo, de lousas, por onde baixaban todos os enterros que viñan de Xestoso, A Regada ou o Lugar de Arriba e que se paraban a botar o responso no cruzamento co camiño das Figueiras, uns metros por riba da presa do mesmo nome, coñecido como A Encrucillada de Tía Milia Bugarina, por estar diante do seu lugar. O Camiño dos Freires Arriba é o nome que sempre tivo o camiño rotulado agora como Camiño da Puga de Arriba que une o Camiño dos Freires coa Rúa de Xestoso case á altura das Aradas e que vai paralelo ao Camiño dos Freires de Abaixo un pouco máis arriba. Este último tamén está agora sinalizado como camiño da Puga e parte do camiño dos Freires, un par de metros por riba do lavadoiro, para ir ata A Presa da Puga. Subindo polo camiño dos Freires, uns cento cincuenta metros despois de ter deixado a rúa de Mandín, atopamos A Fonte dos Freires á man esquerda, pegada ao muro do terreo en que está a casa que fai esquina co actual camiño da Puga. Por debaixo da fonte, entre a estrada e a devandita casa, temos este pequeno lavadoi- ro, O Lavadouro de Freires, aínda empregado hoxe en día. O tamaño actual, antigamente era máis grande, que permite apenas lavar a unha única persoa, debeuse á ampliación da estrada. As mulleres do lugar facían uso tamén dun pequeno lavadoiro existente dentro do lugar de tía Milia Bugarina.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==