Toponimia do Val do Fragoso

275 O E s p a z o h a b i t a d o topónimo pode estar motivado polo feito de que as terras así nomea- das fosen propiedade dun cura, ou ben dunha persoa alcumada ou apelidada Crego . No Nomenclátor de Galicia aparecen sete lugares co termo crego no seu nome, aínda que nunca en solitario: Chan do Cre- go (Padrenda, Ou), Vilar dos Cregos (Guntín, Lu) ou A Graña do Crego (Monfero, A Cor). No Lameiro recibe este nome unha leira que está na parte alta do camiño que sobe dende a estrada de Bembrive, pola das Marallas, e re- mata na parte de abaixo das pistas deportivas do colexio Montecastelo. En concreto, O Crego son os terreos que, subindo a costa, atopamos de fronte cando o camiño xira á esquerda. O nome podería estar ex- plicado polo feito de que este terreo, e todo o lenzo que continúa cara abaixo, ata chegar ao camiño do Lameiro, e no que está situado a casa de que depende, foron antigamente propiedade dun crego, tío das co- ñecidas señoritas de (–>) Benavides. Cura, A Finca do O cura é o sacerdote encargado dos fregueses dunha determinada parroquia ou freguesía. O termo procede do latín cura ‘coidado’, pala- bra que segue viva no catalán con ese significado. Ao igual que no caso anterior, pode que as terras así chamadas fosen realmente propiedade dun cura ou ben dunha persoa alcumada así. Trátase dun terreo en Reiriz, cara ao Rebolón. Freires, Os Procede do occitano fraire ‘irmán’ e este á súa vez do latín fra - tre , ten o significado de ‘membro dunha orde relixiosa’. É un préstamo medieval do occitano que concorre co seu sinónimo frade (tamén do latín fratre ), a forma patrimonial galega. Atendendo ás formas simples e compostas, son dez en total os lugares en Galicia rexistrados no No- menclátor que levan o termo freire en singular ou plural no seu nome. A presenza deste topónimo non ten por que indicarnos unha relación coa igrexa, posto que Freire é tamén un apelido característico de Galicia e doutras áreas do norte peninsular. Os Freires , considerado maioritariamente como barrio, aínda que de reducida extensión, abrangue o territorio comprendido na baixada

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==