Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 274 Campaneiro, O Camiño do O campaneiro é o home que se dedica a tocar as campás, normal- mente nunha igrexa, ou ben que as fabrica. Derivado de campana (cas- telanismo por campá ), do latín campana , en alusión á Campania , rexión italiana onde a tradición di que se tería usado tal instrumento por pri- meira vez. No San Cibrán, O Camiño do Campaneiro subía dende Piñeirós á casa do Campaneiro e agora recibe este nome a estrada asfaltada que nos atopamos á man esquerda no camiño da Capela cando nos diriximos dende a capela do San Cibrán cara a Beade. Sobe monte arriba, debu- xando o seu trazado dúas pronunciadas curvas, ata cruzar a autoestrada AG-57, a partir de onde podemos tomar a pista da Fraga á esquerda, ou seguir polo camiño do Campaneiro ata A do Campaneiro , en Beade. Campaneiro era o alcume do antigo propietario da vivenda (Carrasco e Navaza, 2014: 58), probablemente por ter desenvolvido ese oficio. Canónigo, O Forma castelá de cóengo ‘clérigo que ten un determinado cargo eclesiástico dentro do corpo ou comunidade dunha catedral ou co- lexiata’. Do latín canon ĭ cus ‘clérigo’, que era o que vivía segundo os cánones (< lat. canone ‘norma’). Na Toponimia de Beade dáse conta da aparición en documentos do século xvii e xviii dun apelido ou sobreno- me Canónigo na parroquia e explícase que posiblemente se lle aplicase á persoa encargada dos intereses do cabido de Tui en Beade. É proba- ble que esta mesma familia tivese propiedades en Bembrive. Na estrada de Bembrive en dirección a Beade, uns cen metros des- pois de pasar a baixada para a Cova, temos á man dereita o terreo, onde hoxe en día hai unha vivenda que ten por nome O Canónigo. Este topónimo non figura no Catastro de Ensenada , pero si no Libro de afa- negados de 1846, como nome de propiedades de veciños de Mourelle. Crego, O Crego é un sinónimo de cura ou sacerdote ‘persoa que recibiu as ordes relixiosas necesarias para celebrar a misa’. O termo é un semi- cultismo, do latín tardío clericus ‘membro do clero’. O seu uso como

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==