Toponimia do Val do Fragoso

273 O E s p a z o h a b i t a d o Calvario, O Monte do Calvario é o nome do monte situado extramuros da cidade de Xe- rusalén onde os evanxeos localizan a crucifixión de Cristo, de xeito que, co tempo, se foi entendendo por calvario o ‘camiño formado con estacións de cruces ou altares en memoria dos pasos que deu Xesús camiñando ao calvario’ ou simplemente unha ‘elevación onde se pon unha ou máis cruces para simular o calvario’ (Real Academia Galega: 1913-1928, en DdD , s.v.). O vocábulo calvario procede de calvariu , derivado á súa vez do latín calvu ‘pelado’, que en relación á paisaxe faría referencia a un terreo sen vexetación de ningún tipo. O uso de calvo con este significado atopámolo en documentación antiga como un tombo do mosteiro de Celanova do ano 923 onde se pode ler «filio meo Vestremiro, de ipsa vinea medietate integra et terra calva que ibi- dem iacet tertia portione de ipso casare quem abeo» (documento 669, p. 328-329). Con todo, crese que a forma concreta Calvario e os seus derivados (como formas cultas que son, posto que o sufixo patrimonial sería - eiro ), han de ser topónimos relacionados co culto relixioso, tal como nos di Navaza na súa Fitotoponimia , mentres outros como As Calveiras , O Calvelo ou Calvos son os que manteñen o significado de ‘pelado’. OMonte do Calvario é un picouto pelado, pequeno pero pronuncia- do, que atopamos ao subir dende a praza do Mosteiro cara á Mouteira, precisamente rodeado pola rúa do mesmo nome (Subida á Moueira) por nacente e o camiño das Amieiras polo sur e poñente, aínda que a influencia do topónimo se estende aos arredores. No seu cume están situadas as tres cruces que representan as da crucifixión de Xesús Cristo (no centro) e os dous ladróns (á esquerda e dereita) axustizados canda el. Na fala normalmente omítense a preposición e o artigo, polo que escoitamos O Monte Calvario ou o plural Os Montes Calvarios . Tamén hai ocasións en que se prescinde do substantivo monte , empregándose como topónimo simplemente O Calvario . Esta é precisamente a for- ma que atopamos no Catastro de Ensenada , onde se rexistran catro propiedades así chamadas, dedicadas a devesa ou «sembradura». Así a todo, na actualidade a forma composta O Monte Calvario é a domi- nante. Aparece tamén no catastro o topónimo «Calvos» como nome dun terreo propiedade de Juan de Mazeira, veciño dos Chans, que non localizamos na actualidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==