Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 272 que finca é un castelanismo por leira ou terreo e a forma correcta en galego do colectivo pinal sería piñeiral . A Soaxeira do Abade é unha leira de gran superficie, pechada e separada polo sur dos Estripeirales por un muro de pedra. Está situada no extremo leste da (–>) Soaxeira, malia que se accede a ela dende un camiño que parte da segunda curva da rúa de Mandín. Este terreo é tamén coñecido como O Panxón. Bispo, O Do latín episcopu , procedente á súa vez do grego. O bispo é o crego que, na Igrexa Católica é responsable do goberno e da dirección espi- ritual dunha diocese. No noso caso faría referencia, posiblemente, ao bispo de Tui. Bispo tamén pode ser alcume ou apelido, aínda que a car- tografía dos apelidos de Galicia só rexistra a súa presenza no concello de Vilagarcía de Arousa. Dezaseis lugares hai en Galicia co termo bis- po no seu nome como O Bispo , en Sober (Lugo) ou Sobrado do Bispo en Barbadás (Ourense) e ata unha parroquia: O Bispo , en Monterroso (Lugo). O Bispo, na Parrocha, é unha pequena leira a seguir da segunda casa que, entrando polo incorrectamente chamado camiño Ceiróns dende a rúa da Parrocha, temos á man esquerda. Tamén recollemos O Bispo para identificar uns campos en Recaré. Baixando polo camiño do Rebolón dende a estrada Baixada ao Castelo atopamos, paralelo por debaixo á primeira casa que a uns cen metros hai á man dereita, O Bispo Pequeno e uns cento cincuenta metros máis abaixo, pouco antes de saír á Viña Grande, temos O Bispo Grande en- trando polo camiño que á man esquerda nos leva a unha vivenda, está xusto antes de chegar á casa, á man esquerda. Nos dous casos a forma recollida foi O Obispo , co substantivo na súa forma castelá. Non aparece este topónimo no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados , polo que entendemos que podería ser un topónimo recente para nomear propiedades nalgún momento ligadas á igrexa, aínda que non podemos desbotar a posibilidade de que fose un alcuño ou apelido. En todo caso estas terras foron propiedade no seu momento de don Claudino, o abade que viviu na reitoral dos Freires.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==