Toponimia do Val do Fragoso

271 O E s p a z o h a b i t a d o Abade, A do Abade pódese referir ao superior dun convento, ou ser simplemente o párroco dunha igrexa, sinónimo de crego ou cura . Procede do latín abbate e, en último termo do hebreo abba ‘pai’. A súa presenza na to- ponimia delata probablemente a pertenza dos terreos así nomeados a un membro da igrexa, porque Abade tamén podería ser alcume ou apelido. Trátase das terras de labor entre o núcleo de casas que, uns cento vinte metros antes de chegar ao Cristo, temos á man dereita da rúa do Cacheno, e o rego da Raposa, que baixa aos seus pés. En Mandín, Os Freires, recollemos varios topónimos con este termo como O Campo do Abade , polígono de terras, parte delas cultivadas e cun pequeno invernadoiro, situadas fronte á Reitoral, delimitadas por toda a banda de nacente pola regueira do Abade. A súa situación expli- ca claramente a orixe do topónimo como relativo ao párroco da fregue- sía. A Fonte do Abade e O Lavadouro do Abade que se atopan á man dereita da rúa de Mandín, corenta metros antes de chegar ao cruza- mento co camiño dos Freires e a subida a Miraflores. O rego que baixa dende estes recibe o nome tamén de A Regueira do Abade e discorre pola liña de inflexión que divide o cordón formado polas Costeiras, As Costas e o Parrachón, da chaira onde atopamos Os Campos do Aba- de, O Cocho, A Barxa, A Garnacha e O Cocho Longo. Precisamente rodea por nacente este último terreo para ir unirse co rego que baixa dos Estripeirales e, unha vez xuntas as súas augas, sumadas ao río do Xalón forman o río da Barxa. Por último temos A Presa do Abade , xa desaparecida, que estaba diante da última casa da rúa de Mandín, que fai esquina coa Subida a Miraflores. Os Campos do Abade , chamados tamén Os Campos do Cura (o que confirma que abade está presente neste caso no topónimo co signifi- cado de ‘cura párroco’), son as leiras a un lado e outro do camiño de Peizás que parte da subida a Miraflores fronte ao camiño da Mina. O terro onde se atopa o colexio Las Acacias e a nave fronte a el, no Castelo, recibe o nome do O Pinal do Abade. Aínda que o último pro- pietario foi Urbano, veciño de Bembrive que, xunto a outros, chegou a instalar un serradoiro en Xestoso, o topónimo indica que no seu mo- mento estes terreos foron propiedade da igrexa. De feito o terreo onde se atopa a nave coñécese tamén como A Finca do Cura . Lembramos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==