Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 270 coñecemos a que señoras pode facer referencia o topónimo, pero o que si sabemos é que xa aparece no Libro de afanegados (aínda que non figuraba un século antes no Catastro de Ensenada ), coa forma «Coutada das Buceiras o Señoras» e «Tojal de Buceiras o Coutada das Señoras». Atopamos tamén unha referencia á Coutada das Señoras no informe de Eduardo Cabello relativo ás obras de abastecemento de auga para Vigo (–>Bibidouros). Tisoureiros, Os Podería tratarse da alteración dun alcume de posesor Tesoureiro que faría referencia ao seu oficio de reparar, vender ou facer tesoiras, que nesta zona sería tesouras dado o resultado do sufixo - oria que vimos, entre outros, en corredoura . Tesouras é tamén en portugués e tesoiras na maior parte do galego. Do latín tonsorias . En Segade, entrando polo camiño dos Tisoureiros logo de pasar as casas, son os antigos campos, agora terreos a poulo e con arbustos, que temos á man dereita ata chegar ao rego que os separa das Amieiras, á man esquerda ata testar, separados por un pequeno valado de pedras, cos Lagares e de fronte, ata o outro lado da avenida de Madrid, que os seccionou case pola metade. O Camiño dos Tisoureiros é o camiño que parte da rúa de Segade á man dereita pouco antes de chegar ao lavadoiro. Por el accédese aos Tisoureiros e tamén aos Lagares, co- llendo á esquerda logo de andados uns cincuenta metros. Hoxe en día remata cortado pola avenida de Madrid, pero antigamente continuaba ata saír na Castiñeira, no camiño que agora está cortado tamén pola avenida e que aparece rotulado como camiño das Amieiras. Entrando aos Tisoureiros dende A Castiñeira, máis adiante do lugar onde remata o invernadoiro que atopamos agora pegado ao camiño, estaba A Pre- sa dos Tisoureiros . Desta regaban só Os Tisoureiros. Non aparece no Catastro de Ensenada (1752), pero si no Libro de Afanegados (1846), aínda que en singular: «Tisoureiro». Na actualidade só se emprega a forma en plural e con artigo. HAXIOTOPÓNIMOS Son topónimos formados a partir de vocábulos relacionados co mundo do sagrado e a relixión.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==