Toponimia do Val do Fragoso

269 O E s p a z o h a b i t a d o ou banco, sobre o que se pasa o liño para quitarlle a baga (a cápsula que contén a liñaza). Resulta estraño pensar que o nome desta ferramenta motivase a aparición dun topónimo, a non ser por algún feito anecdóti- co. Sería igualmente probable, tendo en conta ademais que hai un rego na zona, que proceda dun nome previo formado por Río máis outro ele- mento que podería ser Penso (por penzo ‘inclinado, torcido’) interferido polo substantivo común ripanzo ( O Río Penso –> O Ripanso ). Zona situada por riba da rúa do San Cibrán, cara ao monte, entre o punto en que describe a forte curva uns cento cincuenta metros antes da capela e o comezo do camiño das Valadiñas. De acordo co teste- muño dunha veciña, que coñeceu o cultivo do liño na súa infancia, ata hai poucos anos pés asilvestrados desta planta florecían aquí, no Ripan- so. En 1752, no Catastro de Ensenada , rexístrase só unha propiedade co nome «O Ripanso», pertencente a un veciño do San Cibrán. Case un século despois, O Ripanso daba nome xa a máis dunha ducia de terreos, malia que a maior parte deles continuaban pertencendo a veci- ñas e veciños do barrio do San Cibrán. As Presas do Ripanso son dúas. A primeira, terreña e practicamente desaparecida, recollía as augas da Fonte Seca, e estaba situada sobre a curva maior que a rúa do San Ci- brán debuxa aos pés do camiño das Valadiñas. A outra, agora recons- truída con cemento, está precisamente na subida deste camiño e estaba conectada coas Presas das Crebadas. Deste xeito, cando había moita auga, pechábase A Presa no Ripanso e gardábase a auga nas Crebadas. Señora, A Coutada das Do latín senior , - oris ‘o máis vello’ comparativo de senex ‘vello’ (Mar- qués, 2004: 629). S eñora é un título de cortesía empregado para referir- se a unha muller descoñecida ou de certa idade, e é tamén o título ou- torgado a unha persoa de categoría social elevada, posuidora de certas propiedades e/ou con persoas ao seu servizo. No San Cibrán, A Coutada das Señoras atópase na pista da Fraga, uns metros máis adiante (en dirección a Beade) da Pedra da Besta, xus- to no punto en que á man dereita sae outra pista que nos leva á Casa de Augas e ás Crebadas. Temos, por debaixo da pista A Coutada das Señoras de Abaixo e por riba A Coutada das Señoras de Arriba . Estre- ma ao leste coa franxa de monte comunal que se atopa por debaixo do Mercantil, ao norte coa Espiñeira e ao sur coa Coutada dos Chans. Des-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==