Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 268 a la Dehesa, ... se halla cerrado sobre si». É un topónimo estraño na súa construción, que podería corresponder quizais a unha Cachada da Villa (por Cachada da Vila ), pero en todo caso non atopamos ningún topó- nimo similar na actualidade nese lugar, xa que a partir das indicacións que se dan, sabemos que a devesa segue tendo a mesma localización que anteriormente e coincidente co topónimo actual. Dende 1839 a explotación das devesas decae, tal e como se consta- ta nesta de Bembrive. A Devesa do Rei é coñecida tamén co nome de O Pinal do Rei , denominación que entendemos será relativamente recente, froito da fusión do topónimo antigo coa designación dos novos usos do terreo, ocupado actualmente, e talvez dende as repoboacións de principios do século xx , por piñeiros no canto de carballos. Aínda que hoxe en día dentro da extensión de monte coñecida como Devesa ou Pinal do Rei non conseguimos rescatar ningún microtopónimo, si temos constancia da súa existencia nun pasado recente. É o caso de Regueiriño do Rei que unha nota aparecida en El Pueblo Gallego, o 20 de xaneiro de 1932, nos sitúa con claridade. Na nova publicada no xornal dábase conta da celebración, o domingo precedente, dunha xunta xeral da Sociedad Repobladora Forestal en que se acordaba demarcar unha parcela de monte para situar un «campo escolar» dedicado á festa da árbore, de cuxo coidado se encargarían os nenos das escolas da parroquia baixo a supervisión do mestre D. Federico Estévez Estévez. Este terreo, parte do cal se establecía que estaría reservado para o xogo dos rapaces, dicíase que se situaba: «en la parte del monte titulada Regueiriño d’o Rei, lindando con la carretera en los límites de la parroquia de Beade». En Segade, O Paso do Rei é un sendeiro de acceso á Fonte do Lago ou da Chadiza dende arriba, dende o camiño do Loureiro. Malia que este topónimo foi referido por dúas persoas que viven preto da fonte, veciñas e veciños do lugar de maior idade non o empregaron nin escoi- taron nunca. Descoñecemos a súa orixe. Ripanso, O Contén probablemente o substantivo ripanzo , do verbo ripar , palabra de orixe xermánica. O ripanzo ou ripo é, tal como recolle o dicionario da Real Academia, o instrumento semellante a un peite cos dentes de ferro ou de madeira, que se chanta na terra ou se encaixa nunha mesa
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==