Toponimia do Val do Fragoso

25 A A u g a designe nos dous casos en que o recollemos na actualidade cursos de auga, no seu momento era un topónimo aplicado a terras, tal como aparece no Catastro de Ensenada, en que figuran dúas propiedades co nome de «Regodeagua» e unha co de «Rego de Agua» e incluso o lu- gar de habitación «O Rego de Agua», onde tiña casa o veciño Antonio Estévez. Anos máis tarde, en 1820, o número de habitantes no lugar era maior, xa que cando menos aparecen cinco como confrades no libro da confraría das Benditas ánimas del purgatorio 12 . No ano 1846, como podemos comprobar a través do Libro de afanegados, a presenza do topónimo multiplicárase, xa que figuran máis dunha vintena de pro- piedades con este nome, que continuaba a ter a categoría de lugar de habitación, onde residía a veciña «María Antonia da Vila». Debemos destacar, non obstante, que na maioría de casos en que aparece este to- pónimo faino como integrante dunha dobre denominación: «Lourentin o Rego de Agua» , malia que hoxe en día o primeiro dos compoñentes, Lourentín 13 , é xa un topónimo desaparecido na parroquia. Regueira, A O termo regueira é sinónimo de rega , que como vimos anteriormen- te, fai referencia á canle por onde baixa un rego de auga. A Regueira (O San Cibrán) son dous ou tres cochos, agora sen cul- tivar, situados por debaixo do Fenal, estremando case coa choupana que hai no Soeido. Non podemos esquecer que dende As Presas do Ripanso baixa unha regueira que precisamente por debaixo do Soeido se une co rego que 12 No arquivo diocesano de Tui están depositados os libros de confrades da confraria das Benditas ánimas del purgatorio , «inclusa en la iglesia parroquial de esta feligresia de Santiago de Bembrive» dende o ano 1726 ao 1916. Tamén se atopan os libros da confraria de Nuestra Señora del Rosario igualmente «fundada en la Iglesia Parroquial de Santiago de Bembrive», visitados polo bispo de Tui no ano 1918, polo que se entende que a súa fundación sería anterior. 13 O topónimo Lourentín ten prensenza noutras áreas. Na toponimia de Monterroso, Nicandro Ares expón a etimoloxía deste topónimo: «Lourentín provén do antropónimo latino L aurentinus (TLC 182), diminutivo de L aurentius » (Ares 2013, vol. II; 772).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==