Toponimia do Val do Fragoso

267 O E s p a z o h a b i t a d o cia a partir do ano 1563), a creación dunha franxa de dúas leguas (uns once quilómetros) en torno ás costas e ríos navegables que debían ser repoboadas con carballos, ou freixos no seu defecto, que terían como único fin o emprego da súa madeira na construción de navíos. Só de xeito secundario se permitía o seu aproveitamento para a edificación de vivendas na costa, coa finalidade de asentar poboación que actuaría como liña de defensa ante posibles invasións.Estas franxas apropiadas pola Coroa eran espazos do comunal ou dos propios concellos. Deste xeito, a figura das devesas reais contou coa oposición popular, non só pola usurpación do seu terreo comunal, senón por verse tamén a po- boación na obriga de contribuír coa plantación de novos pés nestas de- vesas, ou por ter que afrontar multas colectivas se faltaba algún carballo delas. Séculos despois, durante a desamortización, algunhas pasaron a mans privadas, mentres outras se recuperaron como terreos comunais (Morgade, 2003). Esta historia quedou plasmada na toponimia, como vemos na actualidade ao atopar, en case todas as parroquias do noso arredor, unha Devesa Real , Devesa do Rei , Carballeira do Rei etc. No Catastro de Ensenada , á cuestión número corenta do interro- gatorio xeral, que pregunta sobre as propiedades do rei na parroquia, deuse a seguinte resposta: «La real dehesa que llaman de Mourelle, sembradura de 50 ferrados que limita a L. y N. con río y P. y S. con monte común. Otro pedazo de terreno en la misma situación que sirve de vivero para repoblar y mantener dicha Real Dehesa, de un ferrado de cavida». Polo tanto, sabemos que naquel momento a Devesa do Rei tiña o seu extremo norte no punto en que o regueiro das Bombas de Beade se unía ao río de Eifonso e que este marcaba o seu límite leste, ademais contaba cunha superficie algo maior de dúas hectáreas 80 e media. Faise referencia ao mesmo lugar co topónimo 'Devesa de Mou- relle', recollido en 1785 e en 1792. Na do ano 1839 (a última visita da que hai rexistro no Arquivo da Deputación de Pontevedra), cando xa non se consideran devesas reais , senón nacionais , aparece un topóni- mo novo que, lamentablemente non se le con claridade: «Visitamos la dehesa nacional que se dice y cómpre aclaración Limita del norte y na- ciente con monte poblado de castaños y robles, sur con el pinar que se dice de Piedra da Sal y ponente con monte valdio... El vivero contiguo 80 En concreto, 2,7 ha, tomando como referencia a equivalencia media de 1 ferrado=541m2 en Vigo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==