Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 266 vación do topónimo. Certo é que se atopa na estrema entre os barrios de Mourelle e O Outeiro, nese caso o seu étimo sería o diminutivo de radia , pero tamén é posible que proceda de regina e a súa aparición se debese ao nome ou alcume dunha antiga propietaria, sen que teña relación ningunha coa realeza. Lugar do barrio de Mourelle correspondente á franxa de terreos e vi- vendas, en forte pendente, que queda por riba da Estrada de Bembrive dende o camiño das Cavadiñas (Subida á Cruz) ata A Pousa (inicio do camiño do Cocho). Aparece xa como «lugar de habitación» (da veciña Dominga Costas) no Catastro de Ensenada , ademais de como nome de varias propiedades. Na pronunciada curva que describe O Camiño da Raíña uns cincuenta metros despois de ter entrado dende a estrada de Bembrive localizamos A Fonte da Raíña e xusto antes desta A Presa da Raíña, de tamaño pequeño, está situada entre a marxe dereita do camiño e o muro dunha propiedade que a rodea. A Suaviña rega da súa auga. Os Campos da Raíña son as terras, agora maioritariamente a poulo, por riba da Fonte da Raíña. En Cerdeiró atopamos unha pequena presa terreña que se atopa a medio camiño entre A Presa de Cerdeiró e A Presa da Parrovella de Abaixo, na man dereita, subindo, do camiño da Bouzafría, chamada O Pozo da Raíña . Como xa temos visto noutros topónimos como O Pozo do Gancho, o termo pozo aplícase aquí a unha escavación feita no terreo, máis ou menos redondeada, co obxectivo non de buscar auga senón simplemente de retela. É unha pequena presa, que en moitos casos se emprega como auxiliar doutra de maior entidade. Rei, A Devesa do Rei procede do latín rege ‘xefe soberano’. Terreo de monte comunal situado en Mourelle na estrema con Bea- de, na zona onde se atopa o pavillón de deportes de Bembrive e que se estende ladeira abaixo do outro lado do camiño da Capela, cara ao río. O mapa do monte de Bembrive do ano 1958 sitúaa, de feito, entre a Estrada Bembrive-Beade (ao norte) e A Pedra do Sal (ao sur). As devesas reais teñen a súa orixe nas disposicións do rei Felipe II emitidas na dé- cada 1560-70 co obxectivo de favorecer a construción naval. Para este fin, establecíase para certos territorios do noroeste peninsular (en Gali-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==