Toponimia do Val do Fragoso

265 O E s p a z o h a b i t a d o Pelames, Os Do latín pellamine , termo que deu en galego as formas pelamio e pelame , que significan ‘lugar onde se somerxían as peles para curtilas’. pellamine DERIVA DE PELLE ‘pel’, e con ese significado están presentes na toponimia. Realizado normalmente na fala como Os Palames , por disimilación vocálica, por atracción do - a - da sílaba tónica. Terreo de forte pendente, agora a monte e cuberto de eucaliptos, situado por debaixo da estrada de Bembrive e atravesado polo camiño dos Pelames (baixada aos Pelames). Corresponde á parte máis baixa da aba nordeste do monte que dá nome ao barrio do Outeiro. Na actua- lidade non se coñecen restos dun curtidoiro neste lugar, aínda que sa- bemos que, de ter existido, a súa desaparición non sería recente, posto que a mediados do século xviii xa non se rexistraba esta actividade no Catastro de Ensenada , pero si aparecía «Os Pelames» como topónimo; en dez ocasións como nome de propiedades e nun caso como «lugar de habitación». Isto indícanos que, de existir tal curtidoiro, debeuno ser antes de 1752 e ter transcorrido o tempo suficiente como para que nesas alturas xa estivese firmemente fixado na toponimia. En principio, non sería de todo improbable que fose así, posto que pelames ou pela- mios ( pelameo ) son xa usuais na Idade Media (en lugares como Allariz o curtido foi introducido polos xudeus no século xii ). En principio, o en- clave nomeado Os Pelames , situado entre dous ríos, sería moi propicio para a súa presenza. O Camiño dos Pelames aparece nos rótulos viarios como Baixada aos Palames e descende dende a estrada de Bembrive cara a Eifonso, para rematar na curva onde se cruza co Rego de Pontecela que uns me- tros máis abaixo se unirá co Eifonso. O que na actualidade se denomina camiño Palames, que sería a prolongación do anterior ata a confluencia da rúa de Eifonso coa Costa da Gándara, sería en realidade O Camiño de Eifonso. O río de Eifonso ao seu paso polos Pelames toma o nome de O Río dos Pelames . Raíña, A Raíña (< R egina ) é a forma feminina de rei , malia que nalgúns casos na toponimia pode corresponder a un diminutivo de raia (< lat. radia ), que fai referencia a unha estrema. Descoñecemos neste caso a moti-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==