Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 264 a Novelos e que uns metros máis abaixo, ao outro lado da estrada, toma o nome de A Regueira do Abade. Eran terras de labor, pero hoxe en día a maior parte da superficie está ocupada polos tres chalés que temos fronte á Presa do Cocho do Muíño. Esta presa, está situada na entrada, á man esquerda, do Camiño do Cocho do Muíño. Este camiño parte da subida a Miraflores, á man dereita, chisco máis arriba do cruzamento co camiño da Soaxeira. As terras agora sen traballar pertencentes ao Martaraño, situadas por debaixo das Teixugueiras, contra o río, son Os Cochos do Muíño no San Cibrán. Non hai hoxe en día ningún muíño neste lugar e o máis próximo, o de Bouzafría, está uns trescentos metros augas abaixo. Os Poulos do Muíño son os antigos poulos que había por debaixo da ca- pela do San Cibrán, por onde vai a traída de augas e por onde aínda na actualidade baixa gran cantidade de auga. Tendo en conta este topóni- mo e o veciño Os Cochos do Muíño cabe pensar que neste lugar debía estar situado un dos tres muíños que aparecen citados no Catastro de Ensenada augas arriba do da Bouzafría. Baixando polo camiño de Sospalleiros, unha vez que chegamos á bifucación, temos á man dereita o camiño que leva ás Teixugeuiras, de fronte aos Sospalleiros e á esquerda A Veiga do Muíño e, nun anaco contra o río, O Soeido. Na actualidade estas veigas, terreos por defini- ción moi fértiles, están maioritariamente sen cultivar. Non existe nin se ten memoria de ningún muíño neste lugar, pero podería tratarse dalgún dos que mencionamos nos Poulos do Muíño. Tamén estamos a carón do Folón, polo que existe tamén a posibilidade de que se referise ao batán que debeu haber aquí en tempos. Tanto neste caso como no an- terior emprégase tamén o plural As Veigas do Muíño . En Abalde recollemos A Veiga do Muíño , leiras na marxe esquerda do río de Eifonso, do Muíño de Abalde cara ao Muxo, pertencentes, polo tanto, á parroquia de Beade, aínda que hai quen considera que as situadas en fronte, na marxe de Bembrive, tamén teñen ese nome. E A Ponte das Veigas do Muíño , chamada así tamén a coñecida como A Ponte de Abalde (–> Abalde). E por último, atopamos A Coutada do Muíño , coutada por riba da caseta das augas que hai antes da Ferrolana. Quizais facía referencia ao veciño Muíño da Pedrosa.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==