Toponimia do Val do Fragoso
263 O E s p a z o h a b i t a d o O Muíño Vello No Mosteiro, O Campo do Muíño abrangue as leiras, a un lado e outro, do sendeiro que vai do camiño dos Pumariños ao Muíño do Co- ruxeiro. Pertencen, polo tanto, as da marxe dereita aos Pumariños e as da marxe esquerda aos Campos da Eira. O Cocho do Muíño (Eifonso) identifica por unha banda a leira si- tuada fronte á Fonte da Sanxegueira do outro lado do río, detrás do Muíño de Eifonso, aínda que xa pertence á parroquia de Beade. E por outra banda un pequeno anaco de terra situado por riba do Campo do Río, aproximadamente na esquina que forman o camiño dos Palames, subindo dende Eifonso, co río do Outeiro, que reaparece á man dereita. Con este nome figuraba xa nunhas escrituras de 1890. En Miraflores documentamos varios microtopónimos con muíño. O Cocho do Muíño , terras situadas por debaixo do camiño do Cocho do Muíño (por riba do cal temos O Pombal), entre a chamada subida a Miraflores e o punto, uns cen metros ao leste, onde se produce a con- fluencia entre o rego que vén da Presa da Puga e o que baixa dende O Chapello, a partir desa confluencia fórmas o Rego do Cocho do Muíño, que baixa dende o estremo leste do Cocho do Muíño cara ao suroeste,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==