Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 262 remos no caso de Larín, cunha extensión máis reducida que no pasado, ao suroeste da Mandada. Muíño Vello, O Do latín molinu , emparentado co verbo molere ‘moer; desfacer un corpo en anacos moi pequenos’. Ao igual que ocorría co Folón, esta- mos ante outra actividade económica dependente da auga (en concreto da forza do seu movemento) que deixou a súa pegada na toponimia de Bembrive. Estamos ante un vocábulo de gran rendemento na formación de topónimos constituídos por sintagmas nominais. O Muíño Vello en Baruxáns son os campos, aproximadamente unha ducia, situados na marxe dereita do río da Cova ou río de Moledo (río de Eifonso). Se entramos polo camiño que parte do Lavadouro de Mo- ledo (situado na ponte do mesmo nome, ao entrar na veciña parroquia de Sárdoma), Os Muíños Vellos (como son chamados tamén) son os campos que nos quedan á man dereita, entre o citado camiño e o río. Esténdense cara ao sur ata chegar á Presa do Muíño Vello . Esta, e o va- lado de dirección nordeste-suroeste que parte dela, marcan a división entre Os Muíños Vellos e A Raposa. Dentro do Muíño Vello temos, en- tre outros, O Muíño Vello de Arriba , último campo, en forma de cuña, que atopamos á dereita do camiño antes de chegar á Presa do Muíño Vello . Queda encaixado entre o camiño e o rego da Raposa, que marca a súa estrema pola banda de poñente. Esta presa terreña localízase no punto en que o camiño, que dá acceso dende a Ponte de Moledo aos campos do Muíño Vello, atópase co rego que baixa dende o Cacheno para desembocar, uns metros abaixo, no río da Cova. Tamén é coñeci- da por outras persoas como A Presa de Baruxáns ou como A Presa da Raposa, en todo caso, das súas augas regaban todas as leiras do Muíño Vello. O outro topónimo que recollemos é O Muíño Vello Pequeno , veiga situada fronte ao Muíño da Cova. Ambos os dous microtopóni- mos aparecen nunha escritura. É posible que o muíño que deixou a súa pegada deste xeito na toponimia fose o chamado actualmente O Muíño da Cova, situado no punto medio do Muíño Vello (aínda que do outro lado do río) e que sería anterior a algún dos muíños situados augas arri- ba (O Muíño do Riobó, de 1855) ou abaixo (O Muíño do Burro). No Catastro de Ensenada aparece o microtopónimo O Muíño Vello como «O Moiño Vello».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==