Toponimia do Val do Fragoso

261 O E s p a z o h a b i t a d o Leiteira, A Fonte da Leiteira corresponde ao latín lactaria , pero entendemos que o topó- nimo ha de ser un derivado de leite (lat. lacte ), polo que xa nacería en galego. Esta fonte localízase no Lameiro, por debaixo da estrada de Bembri- ve no tramo que vai dende a rotonda da Pedra cara a Lavadores, nunha baixada que atoparemos uns cento noventa metros máis adiante, case fronte á subida á escola Rosalía de Castro. Á marxe de que na actuali- dade xa non é potable, a auga desta fonte nunca foi moi apreciada, xa que se consideraba «moi pesada». A Leiteira é un topónimo restrinxido á fonte, posto que leiras do redor son coñecidas como O Lameiro. Tam- pouco antigamente debeu nomear propiedades, xa que non aparece no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . O feito de es- tar precedido de preposición mais artigo ( da Leiteira ) lévanos a pensar que procede do nome do oficio dunha antiga propietaria, ou de ser lugar onde ían as leiteiras por algunha razón (quizais a bautizar o leite). Aínda que tamén é posible que un orixinario Fonte Leiteira 79 acabase reinterpretándose como Fonte da Leiteira e que a particular condición «pesada» das súas augas teña relación co nome. Mandada, A Podería ser un participio do verbo mandar (derivado de man ) que tería o mesmo significado que manda ‘doazón feita a alguén mediante testamento’. No Outeiro, A Mandada é a ladeira que se estende aos pés do res- taurante Soriano cara a poñente, ata o camiño da Devesa. Abrangue as coutadas situadas por debaixo do restaurante e fronte á Fonte da Deve- sa, e as leiras que quedan entre elas, algunha dela xa edificada, fronte á Fonte e Presa da Mina. Non aparece no Catastro de Ensenada , pero si en máis de media ducia de ocasións no Libro de afanagados , onde algunhas das entradas figuran cunha dobre denominación, a de «Man- dada o Larín» ou «A Carrexona o Mandada», ambos topónimos (Larín e A Carrexona) existentes na actualidade e situados, quizais, como ve- 79 Neste caso 'leiteira' sería adxectivo, referíndose quizais a que a auga tivese o aspecto de leite

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==