Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 260 Polas respostas á pregunta dezasete do interrogatorio do Catastro de Ensenada sabemos que había tres batáns na parroquia de Bembrive: «tres batanes en el término y río de San Ciprian para abatanar las man- tas burdas y del país y que competen a: Pasqual Gonzalez; Francisco Antonio Costas y Joseph Perez; Domingo Fernandez y Ismael de Abal- de», aínda que na actualidade xa non se conserva rastro físico coñecido de ningún deles. No San Cibrán recollemos dous lugares con este topónimo. O pri- meiro un terreo situado entre As Veigas do Muíño e o río, que na ac- tualidade xa non se destina a poulo, pero o uso quedou fixado tamén no topónimo, de xeito que a informante que nos nomeou este lugar emprega tanto o nome de O Folón como Os Poulos do Folón para referirse a el. O segundo lugar designa unhas coutadas situadas xusto en fronte dos Poulos do Folón, do outro lado do río do San Cibrán, aos pés da Coutada da Rega. Aínda que, como diciamos, da estrutura dos folóns xa non queda rastro, grazas á toponimia podemos presupoñer que neste lugar se debía localizar cando menos un deles. Ademais, permanece na memoria da informante, de preto de noventa anos, o recordo de contar a súa avoa como naquela época se facían seráns no Folón. É bastante probable pensar que daquela aínda se conservaba o folón en funcionamento, xa que non se deixaron de empregar ata finais do século dezanove. No Catastro de Ensenada atopamos xa Folón como topónimo, en concreto a forma «Folon de Arriva» unha propiedade de Domingo Fernández, dono dun dos batáns rexistrados no propio catastro. Figuran igualmente no Libro de afanegados «O Folon», «Dehesa de Folon» e un «Cocho do Folon». Pero aparece tamén unha propiedade coa denominación «O Folon o Carboeiros». Os Carboeiros que coñecemos na actualidade encóntranse aproxima- damente un quilómetro augas abaixo do Folón do San Cibrán, moi preto da Pedrosa, na mesma localización que por aquel entón debían ter, xa que no mesmo Libro de afanegados aparece en dúas ocasións a denominación «Carboeiros o Pedrosa». Isto fainos pensar que o máis probable é que houbese outro Folón (topónimo) na zona dos Car- boeiros que se perdeu co paso do tempo e que quizais respondería á presenza doutro dos batáns con que contou a parroquia.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==