Toponimia do Val do Fragoso

259 O E s p a z o h a b i t a d o Penceira; estendéndose cara ao sur ata o coñecido como camiño dos Carboeiros. Nas escrituras da casa, construída no ano 1840 por Fran- cisco Fernández Louriño, atopamos unha descrición da localización: «lugar de habitación des de la reguera que pasa del Río Caudal a la Congostra dos Carboeiros». Entendemos que a mencionada regueira é o curso que baixa ao río da Pedrosa ou río de Eifonso dende a Fonte da Penceira, e que en vista da orografía podería proceder, augas arriba, da Fonte da Xabalouca e en último termo da Fonte das Partillas, logo de baixar polas Presas do Galleiro. O lugar conta coa súa eira, canastro, e antigamente cunha forxa onde traballaba un ferreiro, antepasado dos actuais moradores, que se considera que deixou o seu oficio gravado na toponimia do lugar. En todo caso, non podemos esquecer que no Catastro de Ensenada (1752), xunto a seis ou sete mestres de xastrería e un aprendiz, catorce ou quince mestres carpinteiros, un tecedor e catro costureiras, recollíase xa a presenza na parroquia dun mestre ferreiro. Ferrancha, A Non parece haber dúbida de que é o feminino dun substantivo co- mún derivado de ferro , pero non sabemos cal puido ser a motivación. Podería tratarse de ‘A do Ferrancho’, caso en que estariamos ante un alcume, aplicado posiblemente a alguén que se dedicase á recollida ou aproveitamento de ferranchos ou ferragachos ‘anacos ou pezas de ferro pequenas e sen ningunha utilidade’, ou ben que se trate do nome dun lugar onde se acumulaban estes ferros. Último terreo na man dereita do camiño de Paio. Testa ao norte co sendeiro que baixa ao río, que o separa da última casa do lugar. Folón, O Procede do latín fullone , de fullo /- onis ‘batán’. Os folóns ou ba- táns eran as máquinas empregadas antigamente para a transformación dos tecidos fabricados nos teares, de trama moi aberta, en panos máis tupidos. Consistían esencialmente en dous mazos unidos a unha roda hidráulica, de xeito que cando a forza da auga movía a roda, os mazos golpeaban o tecido para compactalo. Esta estrutura adoitaba atoparse no interior dunha construción similar aos muíños fariñeiros.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==