Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 258 triplica se consideramos as formas compostas e o masculino. É posible que a presenza do topónimo poida explicarse pola existencia de pose- sores portadores do alcume ou apelido relativo ao oficio de traballar o ferro ou outros metais. Ferreiro é, de feito, un apelido relativamente frecuente en Galicia, como tamén o é Ferreira (de orixe neste caso to- ponímico e que duplica en presenza en Vigo á forma masculina), aínda que neste caso poderiamos estar tamén ante un feminino con valor adxectivo ( A Ferreira = A do Ferreiro ou A de Ferreiro ). Sen esquecer a hipótese, seguramente menos probable, de que a forma feminina se debese á presenza de ferro no terreo ou dunha ferrería. As Ferreiras son un lugar do barrio do Mosteiro enclavado no pe- queno outeiro que se eleva fronte a Quintán, por riba da estrada de Bembrive, ata testar ao norte coas Paias e ao leste co lugar do Mosteiro. Na aba oeste temos A do Vieira, e aos seus pés, Fionde. No ano 1752, A Ferreira era un núcleo de poboación que contaba con cinco casas de familia e numerosas terras de labor, xa que no Catastro de Ensenada se rexistran unhas cincuenta propiedades con este nome. Nesta documen- tación constátase que a forma correcta é o singular A Ferreira , pero na actualidade emprégase sempre o plural secundario «As Ferreiras» (e así se recolle no Nomenclátor de Galicia , aínda que erroneamente sen arti- go), polo que é a forma que deixamos. O Camiño das Ferreiras sobe ás Ferreiras dende a estrada de Bembrive. Antes recibía este nome o actual camiño da Garabulla, posto que é tamén unha vía de acceso ao lugar. En Xestoso o topónimo corresponde a un lugar, entendido como o conxunto da casa familiar e os terreos circundantes, situado na rúa de Xestoso, por riba da Presa das Figueiras. Por el baixaba o chamado Rego da Agua que viña de Esparramán. Ferreiro, Os Campos do Procede do masculino de ferrariu , nome de oficio, derivado de ferru ‘ferro’. Trátase dun terreo, agora sen cultivar, por debaixo da casa que ato- pamos de fronte ao entrar no camiño do Xalón dende o cruzamento entre a chamada Subida a Chans e o camiño da Regada. Coa mesma acepción de lugar que no caso das Ferreiras de Xesto- so, atopamos O Lugar dos Ferreiros, no Carballal, subindo polo ca- miño de Cerdeiró á man dereita, pouco despois de pasar a Fonte da

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==